bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta mochila viaxeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mochila viaxeira. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de novembro de 2023

Mochilas viaxeiras

 Aquí vos deixamos unha foto que tiñamos ganas de subir. Xa que dende a pandemia non poidemos volver a mandar as mochilas viaxeiras. Pero este ano por fin viaxarán polas vosas casas!! Tendes libros de cociña, xogos, poesía, comic, revistas,… para todos os gustos!! Desfrutade moito con elas!!!


martes, 1 de outubro de 2019

Hoxe abrimos a biblio

Pistacho está moi contento porque chegou o día de abrir e de comezar un ano cheo de moitas sorpresas e aventuras.

 E tamén comezan a andar as MOCHILAS VIAXEIRAS!! Disfrutade moito delas e coidádeas moito!!


mércores, 12 de xuño de 2019

Novo postre viaxeiro!

Xa case rematando o curso, aínda nos quedaba un postre na aula de tres anos por probar. Carlota e a súa familia foi a que nos deleitou con un boísimo biscoito. Gracias familia, relamemos os dedos. . .



domingo, 5 de maio de 2019

Doces para Infantil!

Este venres tivemos a sorte de probar unhas rosquillas dignas dun concurso! Jesús e a súa familia elaboraron estes doces para os máis peques do cole. Dende aquí as nosas felicitacións, estaban boísimas!






xoves, 25 de abril de 2019

Novos postres!!

Voltamos das vacacións coas pilas cargadas!! Desta quenda foron Carla de 3 anos e Luis de 1ºB os que nos quixeron agasallar cuns postres deliciosos; por unha banda un rico biscoito con pepitas de chocolate, e por outro xelatina!!!


venres, 29 de marzo de 2019

Biscoito!!!

Grazas a José e a súa familia, hoxe os alumn@s de tres anos poideron degustar un biscoito moi moi rico!!



domingo, 24 de marzo de 2019

Rosquillas para todos!!

Unha semana máis, os máis pequenos do cole volven a degustar un postre da mochila viaxeira. Roquillas feitas por Naiara e a súa familia. Aplauso para eles!!

xoves, 21 de marzo de 2019

Delicias!

Seguimos a deleitarnos coas receitas da mochila viaxeira!! Gracias a Iria de quinto curso e a súa familia por estes doces tan saborosos!

venres, 15 de marzo de 2019

Mmmm!!

Na aula de 3 anos, as familias cociñeiras estannos a sorprender!! Mirade vaia pastas nos trouxo hoxe Martina Bascuas, mmmm. . . Grazas familia!

sábado, 9 de marzo de 2019

Novo postre!

Desta quenda tocoulle aos máis pequenos degustar unhas rosquillas moi moi ricas. Grazas a Adriana e a súa familia por compartir con nós esta deliciosa receita!!

xoves, 21 de febreiro de 2019

Máis doces!

As receitas da mochila viaxeira estannos dando momentos moi doces! Grazas a Aday e a súa familia, hoxe os máis pequechos puideron probar unhas deliciosas rosquillas!

mércores, 20 de febreiro de 2019

Seguimos coa mochila viaxeira . . .

Desta quenda foron as alumnas de quinto curso as que nos sorprenderon cos seus postres viaxeiros. Grazas Iria, Nerea e Ariadna polos bombóns, o biscoito e o tronco nevado!

venres, 15 de febreiro de 2019

Novo postre da mochila viaxeira!

Gracias á familia de Bruno, hoxe os nenos e nenas de tres anos puideron degustar unhas rosquillas boísimas!
Aplauso grande para eles por cociñar tan ben!






xoves, 7 de febreiro de 2019

Mochila viaxeira!

Esta semana a mochila viaxeira de 3 anos chegou ata a casa de Marco! Que ilusión lle fai a Pistacho descubrir un novo fogar! Mirade que proveito lle sacaron . . . 
Os seus compañeiros puideron comprobar o ricas que lle sairon as piruletas de chocolate, mmm . . . Moitas grazas Marco!

martes, 29 de xaneiro de 2019

Que delicia!!

Na aula de Infantil de 3 anos volveron aparecer os doces... Esta vez foi a familia de Martina Paulos a que nos deleitou con unhas galletas exquisitas!  Bo proveito chic@s!



!

venres, 14 de decembro de 2018

Postres viaxeiros

Hoxe chegounos outro postre de Julia, da mochila viaxeira de 6ºB. Os deliciosos bombóns de choco e cereais teñen moito éxito!! E os mestres hoxe tamén tiveron a súa proba, unhas rosquillas de choco. Pero como son tan larpeiros non dou nin tempo a facer unha foto!!!