bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 23 de marzo de 2015

Novidades

Pistacho trouxonos máis libros para os lectores piratas. Entre eles unha colección de Edelvives sobre unhas xemelgas vampiras chamadas Silvania e Dakaria que viven innumerables aventuras con moito humor.  Todos estes libros están no estante de NOVIDADES. Vente a coñecelos!!!!

Préstamos entre compis

Pistacho tivo una idea!!!!!!!
Si oes ben, e as ideas de Pistacho son sempre xeniales!!
Como todos temos unha morea de libros na casa que xa lemos e xa temos un pouco vistos, pensou que eses libros os podemos traer ao cole para compartilos cos demáis nenos e así todos poder disfrutar de libros novos!!! Que boa idea verdade?? Como non se nos ocorrera antes??.
Asi que todos os luns e martes na hora do recreo da mañá, achégate a biblio e poderás descubrir e levar para ler na casa libros dos nosos compis.
 

martes, 3 de marzo de 2015




CONCURSO DE MONICREQUES


Dende a biblioteca, o Loro Pistacho ten algo que anuciarvos: o vindeiro mes de abril poderedes participar nun concurso de monicreques por equipos. Estas son as bases, toma nota:

  • formar un equipo (de dúas persoas mínimo) e anotarvos durante o mes de marzo na biblioteca coas profes Vanessa, Noelia, Ana de Infantil, Varela ou Ana de Inglés.
  • podedes inventar unha pequena obra de teatro ou ben escoller un conto (Caperucita, Os tres Porquiños…) para representar.
  • tendes que “fabricar” os personaxes a modo de monicreques para poder representar a obra no miniteatrillo da biblioteca. Podedes usar calcetíns vellos, debuxar os personaxes vos mesmos en cartulina, usar plastilina ou calquera material de refugallo, culleres de plástico, peluches, monicreques que xa temos na biblioteca… (podedes pedir axuda as profes encargadas da biblioteca)
  • tedes de prazo todo o mes de marzo para prepararalo.
  • durante o mes de abril, representarase no miniteatrillo da biblioteca para os demais compañeiros.
  • a obra que máis guste será premiada!!
ANÍMASTE?


luns, 2 de marzo de 2015

Os coidalibros piratas!!!

Vouvos a presentar aos nosos coidalibros. Esas persoas que van con gorras vermellas axudándonos e recordándonos como debemos estar na biblio. E sí, son moi importantes e fan una labor moi moi grande axudándonos e ensinándonos como debemos usar os separadores, a buscar libros, como debemos colocalos, como deixar todo recollido,.... Por iso, temos que respectalos e facerlles caso en todo o que nos digan PIRATAS!!!!