bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta Remexendo conciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Remexendo conciencias. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de marzo de 2019

Os Electrecos!

Esta semana tivemos unha visita moi divertida na que aprendemos moitas cousas a ritmo de rap cos nosos amigos os Bolechas! Os alumnos de 2º e 3º de primaria puideron comprobar a importancia que teñen nas nosas vidas os aparellos electrónicos, os seus usos, a súa reciclaxe . . .





Estas foron as súas recomendacións:
Merca só aquilo que precises
Cada vez somos máis persoas no planeta e usamos máis aparellos eléctricos e electrónicos, polo que estamos enchendo a Terra de lixo electrónico, ademais de esgotar moitos recursos naturais necesarios para construír eses aparellos. Para evitalo fai un consumo responsable e merca só o que precises.
Cóidaos para que duren máis
Ás veces temos que cambiar un aparello que funciona ben porque precisamos outro con outras características (máis potencia, novas utilidades etc.). Pero non temos que inutilizalo: podemos usar o vello noutra estancia da casa, darllo a outra persoa que o poida necesitar ou mesmo levalo a un comercio de segunda man para que o aproveiten outros usuarios que, ademais, poderán mercalo a menor prezo que se fora novo.
Intenta arranxalos cando se estraguen
Moitas veces tiramos aparellos que poderían arranxarse facilmente. Igual que imos ao médico cando nos mancamos ou levamos a nosa mascota ao veterinario cando enferma, debemos intentar arranxar os aparellos estragados.
                             Cando xa non sirvan, lévaos a un punto de reciclaxe
Os RAEE son moi prexudiciais para o medio ambiente, xa que conteñen compoñentes que contaminan e mesmo poden resultar tóxicos. Por iso non podemos botalos nos contedores do lixo, e moito menos deixalos por aí, en calquera sitio. Debemos levalos aos lugares de reciclaxe, onde os aproveitan para facer aparellos novos e recuperan materiais valiosos para darlles outros usos.
Todas as persoas debemos implicarnos no coidado do medio ambiente e da nosa contorna!



luns, 28 de xaneiro de 2019

UNHAS TABLETS PARA O COLE!

Como recordaredes, o ano pasado quedamos segundos no programa de Sogama "Remexendo conciencias". Co premio pensamos en mercar unhas tablets!! Así poderemos achegar o noso cole un pouquiño máis ao mundo virtual. Os primeiros en usalas foron os alumnos de Infantil 5 anos. Que divertidas se fan as sumas na tablet! 





                                      

luns, 25 de xuño de 2018

2º PREMIO "RECÍCLATE CON SOGAMA"

Estamos moi contentos, xa que nos comunicaron que o CPI de Bembibre foi galardoado co 2º premio de Galicia no programa do Plan Proxecta "RECÍCLATE CON SOGAMA". Dar as grazas a toda a comunidade educativa por participar e colaborar neste proxecto "REMEXENDO CONCIENCIAS". Xa estabamos moi contentos de todo o que se conseguiu, tanto na concienciación do alumnado polo coidado do medio ambiente, como en todas as novas prácticas realizadas no cole para a reciclaxe!!! Estamos moi orgullosos deste premio!! Seguiremos traballando para que todo o conseguido siga funcionando nos vindeiros cursos!!!
Enlaces coas notas de prensa: 
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpibembibre/node/663 

http://www.sogama.gal/gl/noticia/o-colexio-divina-pastora-de-ourense-ga%C3%B1ador-do-programa-rec%C3%ADclate-con-sogama-2017-2018

 http://galiciahoxe.com/area-de-compostela/ecg/premios-olalla-linares-cpi-dubres-bembibre/idEdicion-2018-06-22/idNoticia-1122575/


venres, 15 de xuño de 2018

HORTO DA CONCIENCIA

Hoxe tocou desenterrar o que enterramos fai un ano. Lembrades que enterramos diversos materiais para saber se son biodegradables ou non? Pois este experimento chegou a súa fin e hoxe por fín descubrimos que materiais se desintegran e cales non. E chegamos a conclusión de que a materia orgánica como as mondas das mazás e laranxas, papel hixiénico e o papel son biodegradables. Sen embargo, as toallitas, os plástico, o vidro, os bricks,... non desaparecen e pola contra se os botamos ao solo alí se quedarán milleiros de anos contaminando o medio. Agora, reflexionade e pensade para onde temos que botar o lixo.

Facede clic na imaxe para ver as fotos

martes, 12 de xuño de 2018

LIBRO VIAXEIRO: "A FORZA DA NATUREZA"

Temos o pracer de presentarvos o novo libro viaxeiro que facemos entre todos. Pistacho case sempre é o protagonista. Vaivos contar en que consiste.

- O libro viaxeiro vai pasando por todas as aulas de E. Infantil e E. Primaria e entre todos imos creando unha historieta na que os meus amigos e eu corremos novas aventuras. Estes últimos anos o libro viaxeiro ten que ver co noso PDI. E neste caso, este ano tocoulle como ben sabedes ao coidado do medio ambiente.
Pois ben, aquí tendes o libro viaxeiro titulado: "A FORZA DA NATUREZA". Un título que resume moi ben todo o contido libro.
E vos preguntaredes, que fas así vestido de superheroe? Pois lede o libro e alí o descubriredes.

mércores, 6 de xuño de 2018

Máis medio ambiente

Durante a xornada de onte, no cole recibimos unha charla sobre a reciclaxe dos electrodomésticos e os Puntos Limpos. Tamén algunhas aulas fixeron actividades nese día. Podedes botar unha ollada ás imaxes.

martes, 5 de xuño de 2018

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Sabedes porque se celebra? O principal obxectivo de esta festividade é concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo un desenvolvemento sostible para preservar o medio ambiente. É necesario que todos nós, poñamos o noso grao de area para conseguir manter o planeta nas mellores condicións posibles. Iso é o que estamos facendo nós no noso cole por medio do proxecto "Remexendo conciencias"- Recíclate con Sogama. 
Para celebrar este día no cole, fixemos unha árbore creada con botóns que conteñen desexos. Desexos e mensaxes para axudar a coidar o noso medio.

xoves, 31 de maio de 2018

PAISAXES DO MUNDO

Xa temos novidades no mural da entrada. Un mural ao que dedicamos os traballos e investigacións do noso proxecto: "REMEXENDO CONCIENCIAS" RECÍCLATE CON SOGAMA. 
Aquí vos mostramos unhas poucas fotos sobre o exposto neste recuncho do cole. 

luns, 14 de maio de 2018

REMEXENDO CONCIENCIAS

Aquí vos deixamos un bonito vídeo que mostra todo o traballo feito sobre o proxecto "REMEXENDO CONCIENCIAS"- Recíclate con Sogama. Este curso adentrámonos de cheo no coidado do medio ambiente. Aprendemos tantísimo e cambiamos tantas rutinas que facíamos mal que estamos moi orgullosos de todo o conseguido!! E aínda nos queda por conseguir e aprender xa que este tema dá para moitos cursos!!! Nós seguiremos traballando e esforzándonos porque éste sexa un  mundo mellor!!!

mércores, 9 de maio de 2018

Xardín vertical

Aquí vos mostramos máis fotos do noso xardín vertical. Como vedes pouco a pouco vai cambiando e vámoslle engadindo máis plantas e ata un banquiño para disfrutar deste recuncho tan acolledor. Estades todos invitados a ver o noso recuncho natural!!