bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta carlos casares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta carlos casares. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de xuño de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS E A GALIÑA AZUL

Volvemos  a subir o video da obriña de teatro que realizamos o día das Letras Galegas na ermida de San Xoán, xa que o anterior tiña peor calidade. Adaptación: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS E A GALIÑA AZUL" realizado polo alumnado de 5º de primaria.

mércores, 17 de maio de 2017

Representación LETRAS GALEGAS

E aquí vos deixamos a historia da ermida de San Xoán contada polos nenos e nenas de 4ºB e a adaptación de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e  "A galiña azul" contada polos nenos e nenas de 5º de primaria.

CAMIÑATA Á ERMIDA DE SAN XOÁN

Onte, para celebrar o día das LETRAS GALEGAS e coñecer un pouco máis a contorna de Bembibre, realizamos unha camiñata a ermida de San Xoán e Santa Margarita. Alí contamos a historia desta ermida moi relacionada coa Catedral de Santiago de Compostela. E despois o alumnado de 5º de primaria fixo unha representación teatral adaptando a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e  "A galiña azul".
Neste lugar tan fermoso, tivemos tempo a merendar, a xogar e a visitar unha fonte milagreira que contan as lendas que é boa para a pel.  Témolo que repetir máis veces porque foi moi enriquecedor!


luns, 15 de maio de 2017

Concurso Carlos Casares

Aquí están os participantes e gañadores do concurso de preguntas de Carlos Casares. Todos tiveron agasallos para recompensar o seu esforzo buscando as pistas por todo o cole. 
PARABÉNS A TOD@S!!









xoves, 11 de maio de 2017

Retrincos e A galiña azul

Estes son os títulos dos espectáculos aos que poidemos asistir no auditorio de Bembibre. Grazas a compañía Culturactiva e os seus actores e cómicos  Fran Rei e Isabel Risco, poidemos desfrutar do humor na obra RETRINCOS, do inmortal autor de Rianxo, Castelao. E Fran Rei tamén coa súa mestura de narración , humor e monicreques nos achegou  a grande obra de Carlos Casares, A GALIÑA AZUL.  Grazas polo voso traballo e por facérnolo pasar tan ben!!!