bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta día da biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de outubro de 2026

Hoxe celebramos o día das bibliotecas

 Hoxe celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares dunha maneira moi especial e divertida. 💚

Pistacho, a nosa mascota da biblioteca, é un loro moi simpático, pero hoxe tiña un problema… perdera todas as súas plumas pola biblioteca! 😱 Así que todo o alumnado do cole puxémonos mans á obra para axudarlle a atopalas e conseguir que Pistacho volvese lucir tan fermoso coma sempre. 🪶🔎

Pero a aventura non rematou aí! Despois, cada neno e nena compartiu no noso mural o título do seu conto favorito, enchendo a biblioteca de historias, maxia e recomendacións lectoras. 📖✨

E, como agradecemento pola nosa axuda e participación, Pistacho tiña preparada unha pequena sorpresa para todos: regalounos unha goma de borrar! 🎁

Foi unha xornada chea de ilusión, traballo en equipo e amor polos libros, na que participou todo o cole. Porque na nosa biblioteca hai moito máis ca libros: hai aventuras por descubrir, historias que compartir e momentos que quedan na memoria.

Grazas, Pistacho, por lembrarnos que ler é unha aventura marabillosa! 💚📚🦜

Ver vídeo


martes, 26 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Aquí vos deixamos unha mostra do que disfrutamos deste día. Xa que temos  a biblio en obras, quitamos os libros ao patio e puxémonos a ler cos raíños de sol. Que mellor maneira de conmemorar este día que lendo libros!!!



domingo, 24 de outubro de 2021

Día das bibliotecas

 Hoxe, día 24 de outubto, día das bibliotecas, vos deixamos unha presentación que fixemos para conmemorar este día. Ademais das actividades que se realizarán no cole, con esta presentación podemos aprender e coñecer algunhas das bibliotecas máis importantes do mundo!!! 

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola a todos e a todas.

 Hoxe, 24 de outubro é o día das bibliotecas escolares. E como todos os anos celebrámolo como se merece. Este ano, aínda que non nos poidamos xuntar nin poidamos ir á biblio todos xuntos, Pistacho tivo a gran idea de facer un vídeo no que cada aula dramatizou un conto da biblio. 

Quedounos moi chulo!!! Mirade!

xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celébrase o día das bibliotecas, o 24 de Outubro. E para celebralo fixemos un spot publicitario animando a xente a ir ás biblios. Mirade que ben nos quedou. Hoxe é a estrea na biblioteca. Lembra vir coa túa entrada!!


mércores, 24 de outubro de 2018

Á caza do tesouro!!

Hoxe 24 de outubro, día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, pasámolo pipa descubrindo quen nos roubara o cofre e onde o agocharan!!
E este Pistacho é un traviesillo!! Como pirata que foi, quixo facernos unha falcatruada e por medio de pistas metidas en libros, tivemos que montar un mapa do tesouro!! 
O mellor de todo foi atopar o cofre co seu tesouro dentro!!!! 
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe!!

luns, 22 de outubro de 2018

Os nosos cofres???

Algo está pasando no cole!!! Roubáronnos os cofres das aulas!!! E no sitio deixáronnos esta nota e un pergamino que nos escribiu Pistacho!!!
Parece que Pistacho nos conta que o 24 de outubro, o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, recibiremos unhas pistas para poder atopar o noso cofre!!! Algo vai pasar ese día!!! Estamos un pouco intrigados!! Irémosvos contando!!!

martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

Desde hai 20 anos, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, recordando así a destrución da Biblioteca de Sarxevo incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns. 
Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

E nós celebrámolo dunha maneira moi particular!! Pistacho veu gardando dende que chegou a Bembibre, todas as plumas que lle foron caendo. 
E quixo compartilas con nós a modo de marcapáxinas. 

venres, 20 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de Outubro é o día da BIBLIOTECA ESCOLAR. Pero non só da biblioteca de Pistacho, senón de todas as bibliotecas do mundo!!
E PISTACHO púxose tan ledo, que quere regalarvos as súas plumas!!! Si, oistes ben!! Vai a darvos plumas para que usedes de marcapáxinas nos vosos libros!!!

Estades todos convidados, o martes na hora do recreo, a vir polo voso agasallo!!