bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 21 de decembro de 2017

Consumo responsable en Nadal

Dende SOGAMA, envíannos un decálogo sobre consumo responsable en Nadal no que poderemos atopar consellos de interese para disfrutar destas Festas dunha forma sostible, mantendo comportamentos respectuosos co medio ambiente, reducindo o impacto sobre o seu peto e velando igualmente  pola solidariedade e os beneficios sociais.

martes, 19 de decembro de 2017

Receitas viaxeiras

A familia de Carmen de 5 anos, mandounos un video sobre a experiencia que viviron ao ter a mochila viaxeira na súa casa!! Mirade que video máis divertido!!!!
Animádevos a facer o voso!!!

Vídeo Mochila Viaxeira Carmen from Mariña on Vimeo.

RECAUDACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

GRAZAS A TODOS POR COLABORAR

Ricas receitas de Nadal

Seguimos con lambonadas de Nadal. Que gañas teño de que chegue a min a mochila viaxeira para poder levala a miña casa e disfrutar de todo o que contén. En especial do libro de receitas, que con só ver as fotos que nos mandades, xa nos entra a fame!! 
Desta vez as artistas foron Irina de 4 aniños e Carmen de 5 anos. E a receita, foi a mesma! Un arboliño de masa follada e chocolate!!! Que éxito tivo esta receita!! E dende logo, eu creo que estaba para chupar os dedos!! Gracias por enviarnos as fotos dende as vosas casas!!!

sábado, 16 de decembro de 2017

CARREIRA SOLIDARIA

Este venres realizamos a carreira solidaria SAVE THE CHILDREN, na que todo o recaudado irá para esta ONG. 
Foi unha xornada moi divertida e solidaria. Este ano como novidade, fixemos entrega dunhas medallas que foron realizadas polo alumnado con material de refugallo. Mirade un pequeno resumo.
X PINCHA PARA VER TODAS AS FOTOS

ÁRBORE DE NADAL

Xa temos árbore de Nadal!!! Pistacho está moi contento porque temos unha árbore moi bonita no cole. Totalmente feita con material de reciclaxe, rolos de papel hixiénico que fomos traendo. Estimamos que levará cerca de 1000 rolos. Xa vedes que é xigante!!!

martes, 12 de decembro de 2017

CAIXAS LECTORAS

Xa contamos na nosa biblio con CAIXAS LECTORAS. Son caixas que teñen dentro un libro e moitísimo material para que nos axude a contar ese conto. De momento contamos coas caixas de: 

"A QUE SABE A LÚA"  e "CARTAS A RATÓN PEREZ"

ITINERARIO LECTOR


Receitas de Nadal

Estos días Nerea de 5 anos, trouxo unhas ricas galletas de Nadal. Había formas moi variadas, arboliños de Nadal, estrelas, corazóns,...  E polo que lles oín aos seus compañeiros e profe, estaban moi ricas!!!!

martes, 5 de decembro de 2017

CHARLA SOGAMA

Hoxe o alumnado de primaria puido asistir a unha charla sobre o coidado do medio ambiente e como separar os residuos que xeramos. Tamén nos dou consellos para REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. 
Veunos xenial para refrescar e aprender coñecementos sobre un tema que estamos traballando moito no colexio. Co proxecto REMEXENDO CONCIENCIAS queremos concienciar aos nenos e a toda a comunidade educativa sobre o importante que é o coidado do medio ambiente. De momento no cole xa temos contedores de todas as cores nas aulas e tamén un composteiro onde meter o orgánico.

luns, 4 de decembro de 2017

COMPOSTEIRO MONTADO

Xa temos o composteiro montado para empezar a aproveitar todos os restos orgánicos que producimos coas merendas. Despois usaremos o abono creado para o horto que plantemos.