bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

sábado, 27 de abril de 2019

Día do libro con apadriñamento lector!!

Como cada ano, hoxe celebramos o Día do libro!! Esperamos polo bo tempo, e tivemos sorte, estivo unha tarde de venres estupenda para ler en calquera recunchiño do centro!! Os alumn@s maiores (padriños e madriñas) do cole elixiron un conto para lerllo aos máis pequen@s (afillados e afilladas). Entre tod@s pasamos unha tarde moi amena e alegre!

xoves, 25 de abril de 2019

Novos postres!!

Voltamos das vacacións coas pilas cargadas!! Desta quenda foron Carla de 3 anos e Luis de 1ºB os que nos quixeron agasallar cuns postres deliciosos; por unha banda un rico biscoito con pepitas de chocolate, e por outro xelatina!!!


xoves, 4 de abril de 2019

Resumos creativos!

O alumnado de sexto B levou a cabo unha tarefa moi divertida e creativa. Escolleron un libro que lles gustase moito e presentárono  aos seus compañeiros a través de un resumo moi ilustrativo e vistoso. Botádelle un ollo veredes que ben lles quedaron!!