bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 28 de novembro de 2019

VIDEO RESUMO DO 25N

Vede este video que resume moi ben todo o que foi o día do 25 de novembro contra a violencia de xénero. Tamén podedes escoitar a canción que se elexiu para ese día: "Nunca ninguén" de A banda da loba.

martes, 26 de novembro de 2019

25N- Manifesto

O alumnado de sexto de primaria leu un manifesto para conmemorar este día. Co lema : NIN UNHA MÁIS NIN UNHA MENOS

25N Obra de teatro

Aquí vos imos ensinando todo o que aconteceu o 25 de novembro no colexio. Empezamos asistindo ao auditorio para ver 4 obriñas realizadas polo alumnado de cuarto e sexto de primaria. Merece a pena que as vexades porque fainos reflexionar sobre situacións da vida cotiá nas que deberíamos correxir algunhas conductas machistas. Pero sempre con ese toque de humor que lle pon a mestra Lucinda!

luns, 25 de novembro de 2019

25N contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no colexio o día contra a violencia de xénero. Un día moi emotivo e cheo de diferentes actividades. Entre elas, unha obra de teatro, bailes, cancións, lectura de manifestos,.. Un día no que todos vestíamos unha camiseta branca cun lema moi claro #NINUNHAMENOS.
Deixámosvos un adianto. En breves vos ensinaremos máis.

venres, 8 de novembro de 2019

Excursión 1º e 2º

O alumnado de 1º, 2ºA e 2º B realizou onte unha saída ao Museo de Historia Natural de Santiago. Botádelle un ollo ás fotos porque creo que lles gustou moito.