bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de xuño de 2017

PHOTOCALL PAÍSES

Para finalizar co noso proxecto dos países de fala hispano-portuguesa e como colofón final, realizamos un photocall cos traxes típicos dos países que estivemos traballando ao longo deste curso. Atrás quedan unha morea de actividades, todas elas relacionadas para coñecer un pouquiño máis estes países que están tan lonxe pero á vez cunha lingua moi parecida a nosa. Atrás queda un moi bo traballo dirixido polos mestres e mestras que decidiron participar. Gracias a todos e todas polo esforzo feito para conseguir entre todos un gran proxecto!!

luns, 21 de novembro de 2016

Coñecemos un país de fala hispano-portuguesa

Durante este curso e como novidade imos levar a cabo un gran proxecto, un proxecto que nos levará todo o ano. 
Dende que Pistacho viaxou a Brasil, está todo emocionado por coñecer novos países e novas culturas!! Por iso, decidimos profundizar e aprender máis sobre algúns países que falan español ou portugués.  Por medio de investigacións, actividades, mnurais, internet, .... descubriremos moitas cousas de países que nos quedan algo lonxe pero que teñen en común a nosa lingua.

Por medio do mural da entrada iremos poñendo en común todo tipo de información e traballos que vaiamos realizando para que Pistacho e todos nós vaiamos aprendendo moito de estos países!