bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 20 de setembro de 2016

100 anos do nacemento de ROALD DAHL

Fai 100 anos do nacemento de Roald Dahl, o autor de libros para mozos que cautivan a diversas xeracións.
Gran parte da vida de Roald Dahl podémola entresacar dos seus propios contos. Naceu na localidade galesa de Llandaff o 13 de setembro de 1916. Os seus pais, de orixe norueguesa, chamáronlle Roald en honra ao soado explorador Roald Amundsen, o primeiro home que chegou ao Polo sur.
A súa carreira como escritor desenvolveuse ao longo das décadas dos anos 50, 60 e 70. Da súa pluma xurdiron títulos como “James e o melocotón xigante”, “Matilda”, “Charlie e a fábrica de chocolate”, “Fantástico Sr. Fox”, “O meu gran xigante bonachón”, "Os Gremlins" , "Danny, o campión do mundo", "Que asco de bichos! O Crocodilo Enorme" ,"Contos en verso para nenos perversos" , entre outros. Relatos que, a miúdo, saltaron ás pantallas de cinema para delicia de grandes e de mozos.
A meirande parte dos seus libros pódelos atopar na biblio de Pistacho!!
O que non cre na maxia nunca a atopará?, adoitaba afirmar o escritor. E el, nas páxinas dos seus libros e contos publicados ao longo de case cinco décadas, deixou claro que non só a atopaba, senón que a regalaba a todo aquel que se penetraba no marabilloso mundo nado da súa imaxinación. As súas narracións están cheas de xiros divertidos e inesperados pero repletos de reflexións. Son fábulas que convidan a pensar; viaxes intemporales cuxo punto de partida sempre é o mundo da infancia. Quizá porque Roald Dahl nunca esqueceu do todo ao neno que un día foi.

mércores, 14 de setembro de 2016

PISTACHO está de volta!!!

Benvidos e benvidas ao curso 2016-2017!!!!
Pistacho e Pistachiña están de volta despois de pasar uns días moi emocionantes nos Xogos Olímpicos de Río!!! 
Teñen moitas cousas que contarnos e veñen con moitas ganas de facer que este curso sexa tan ou máis emocionante e divertido co anterior.
Entre todos estamos traballando para a biblioteca sexa o centro de moitas actividades de lectura, investigación, e sobre todo, acoller a toda a comunidade educativa nun espazo no que compartir e colaborar.