bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 27 de xuño de 2019

Karaoke de Fin de Curso

Como cada ano, o pasado xoves celebramos o karaoke de final de curso onde participaron voluntariamente numerosos alumnos e alumnas de tódolos cursos do cole...e algún profe tamén!

Dentro vídeo!






VÉMONOS EN SETEMBRO...BOAS VACACIÓNS!

domingo, 23 de xuño de 2019

Graduacións!!

Finalizou o curso, e con el péchase para algúns alumn@s unha etapa escolar. Neste curso promocionarán para primaria os peques da profe Patricia. Para celebralo, amenizáronnos a súa graduación con este baile. . . 

Os máis maiores este ano, @s alumn@s da profe Amara, Vanessa e Águeda, tamén quixeron divertirse e facernos sorrir coa súa posta en escena. Que ben o pasamos!


Tamén vos deixamos un enlace a tódalas fotos que realizamos:

xoves, 20 de xuño de 2019

Homenaxe do alumnado de 1º A a Alba Mancebo e o seu #InstaGal

Hai uns meses que os nenos e nenas de 1º curso A do CPI de Bembibre comezaron a participar nunha iniciativa de dinamización da lingua galega que leva a cabo a TVG nas súas redes sociais.

Como estamos a rematar o curso, decidimos homenaxear ao #instagal (que tantos termos novos lles aprendeu) así como á xornalista Alba Mancebo (que colaborou de xeito desinteresado cos profes ao longo de todas estas semanas).

E non se nos ocorreu mellor idea que facer o noso particular #BembibreGal

Dentro vídeo!


Aquí tamén podedes ver o saúdo que Alba Mancebo lles enviou aos nosos nenos e nenas hai unhas semanas (min 1:10 aprox):




mércores, 19 de xuño de 2019

"Memorias dun neno labrego"

O alumnado de 6ºB quere mostrarnos unha actividade de aula que lles quedou moi chula. Unha montaxe ilustrada sobre "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas. Mirade que ameno e vistoso lles quedou!!

Datchball!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do campionato interno de Datchball que acaba de rematar. Estivo moi emocionante ata o final. Felicitar a tod@s pola participación e, como non, aos campións TEAM XD. Ata o próximo!

martes, 18 de xuño de 2019

Excursión a Marcelle!

O alumnado de terceiro e cuarto curso de primaria, visitou este pasado venres o "Parque zoolóxico de Marcelle". Ademais de aprender moitas cousas dos animais e da natureza, tamén se divertiron un montón!

mércores, 12 de xuño de 2019

Novo postre viaxeiro!

Xa case rematando o curso, aínda nos quedaba un postre na aula de tres anos por probar. Carlota e a súa familia foi a que nos deleitou con un boísimo biscoito. Gracias familia, relamemos os dedos. . .



sábado, 8 de xuño de 2019

Excursión ao Parque Multiaventura en Padrón!

O alumnado de quinto curso realizou unha divertida excursión ao Parque Multiaventuras en Padrón. Se queredes ver que ben o pasaron, pincha no enlace da foto!

mércores, 5 de xuño de 2019

Entrega de premios concurso monicreques!

Hoxe fixemos a entrega de premios do concurso de monicreques deste ano.
- Na categoría de mellores monicreques e escenarios:
                                                   
"As gatiñas aventureiras"
"La brujita Mimí"
-Na categoría de mellor relato:
"O circo do revés"
"Os sete ratos cegos"
E premio a mellor obra de minicreques en conxunto:
"As tres amigas e o monstruo"
Agradecemento para tódolos participantes e espectadores, para o ano máis e mellor:








martes, 4 de xuño de 2019

"O circo do revés"

Este xoves disfrutamos da última actuación do concurso de monicreques. As alumnas de sexto Lucía, Carla e María trouxéronnos unha actuación cargada de valores e humor.



sábado, 1 de xuño de 2019

Excursión Castro de Borneiro!

Este venres, o alumnado de infantil, pasou un espléndido día de sol de excursión pola comarca de Bergantiños. En primeiro lugar, visitaron o Castro de Borneiro e puideron de ver de primeira man tódalas cousiñas que aprenderan na aula. Logo, aproveitando o bo tempo, acercáronse á praia de Balarés (Ponteceso). No seu amplio pinar comeron, e de sobremesa, realizaron uns xogos moi divertidos na sombra co profe Antonio. E, como non podía ser menos, non podían marchar da praia sen xogar coa area e refresercar os pés na auga!!! Pasárono pipa!!