bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 29 de xaneiro de 2018

CANCIÓN DA PAZ

Este ano, decidimos cantar unha canción en inglés para o día da PAZ. Somos un cole con sección bilingüe, e temos que demostralo. E estos nenos e nenas están ensaiando moito para que nos saia ben!!! Botádelle un ollo a canción porque é moi pegadiza!!! 
Chámase " PEACE in my fingers"

PREMIOS NOBEL DA PAZ

Estas últimas semaniñas, no cole estivemos traballando algúns dos Premios Nobel da Paz. E para que vexades canto traballamos, ata conseguimos traer aos Premios Nobel ao cole. Siii, estades lendo ben! E se non me credes, vede este video!!!! 


Campo a través

Este pasado venres disputouse en Noia a competición de Campo a través. Unha nova xornada na que o noso alumnado disfrutou e pelexou co seu esforzo para conseguir clasificarse. Noraboa por facelo tan ben!!! 

venres, 26 de xaneiro de 2018

XOGO XIGANTE DE SOGAMA

Está semaniña chegounos un xogo de Sogama sobre  a reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Tiña un taboleiro xigante e casiñas como o xogo da oca. Para completar o recorrido tiñamos que pasar probas tipo preguntas, verdadeiro ou falso, mímica,...

Estivo moi divertido para aprender algúns coñecementos máis sobre o proxecto do noso cole. Botádelle un ollo ás fotos.

luns, 22 de xaneiro de 2018

RECUNCHO FAMILIAS

Xa tendes a vosa disposición este recuncho reservado para vós. Unha sección de materiais elexidos segundo os intereses das familias. Recuncho no que teñen cabida libros de valores, de emocións, de psicoloxía, de medos, de educación,... Libros que vos poden interesar e que están neste recunchiño do cole. Compartide lecturas cos vosos fillos ou informádevos sobre temas de interese para a educación deles.
Animádevos e collede os libros en préstamo. Tendes unhas follas de rexistro para anotalos. 
Segundo a demanda, iremos engadindo novos examplares.


ECOPATRULLAS

Preséntovos as ECOPATRULLAS, que se encargarán de vaciar e levar todos os residuos que separamos para os contedores amarelo, azul, verde e o composteiro. Teñen unha tarefa moi importante xa que tamén teñen que axudar ao resto do alumnado a saber separar os residuos que xeramos das merendas.  Xa sabedes, as ECOPATRULLAS andan vixiando!! E entre todos temos que colaborar e botar os residuos só nos contedores habilitados.

MURAL DA PAZ

Como vos dixemos, os tapóns no noso cole teñen moitos usos!! E grazas a todos os que trouxestes das vosas casas poidemos facer este mural tan bonito para o DíA da PAZ. Entre todos creamos este collage de tapóns no que se pode ver a pomba da PAZ e un MUNDO no que todos podemos axudar coas nosas mans.

domingo, 21 de xaneiro de 2018

Receitas, receitas!!!

Desta vez, Nico e a súa familia mandáronnos unhas magdalenas con pepitas que pola cara dos seus compañeiros estaban desexando probalas!!! E cónstanos que estaban moi ricas!! Grazasss

Alba de infantil trouxo unhas magdalenas con pepitas de chocolate que estaban deliciosas.
De verdade que temos uns reposteiros no cole que apuntan moi alto!!

PANCARTA

Xa temos a pancarta ben visible no colexio!!! Que todo o mundo saiba que no colexio estamos levando a cabo un proxecto sobre o coidado do medio ambiente. Nel traballamos como darlles novas utilidades a materiais que xa non usamos. Tamén separamos o lixo para contribuir a unha posible reciclaxe. Queremos concienciar a toda a comunidade educativa que se todos contribuímos podemos conseguir un mundo máis sostible!! Axúdanos!!

venres, 19 de xaneiro de 2018

CAMPO A TRAVÉS

Hoxe tivemos competición de Campo a través na Baña. Mirade que morea de fotos quitamos!! Todos o fixeron moi ben porque se esforzaron moito!! E con tanto esforzo, ás veces cae algunha medalliña!! Mirade!!!!

mércores, 17 de xaneiro de 2018

CONCURSO CARTEL ENTROIDO

Pistacho xa está pensando en disfrazarse. Tanto lle gusta o entroido que pensou en facer un concurso. 
Os que queirades participar tendes que elaborar un cartel para anunciar o entroido no cole. Lembrade entregalo antes da data límite. 
O gañador terá a satisfacción de ver o seu cartel por todo o colexio.


martes, 16 de xaneiro de 2018

Receitas viaxeiras

E como non ia ser menos, neste novo ano tamén imos disfrutar das receitas que as nosas familias nos envían!! Desta vez foi Noa de 5 anos a que fixo unhas riquísimas rosquillas!mmmmmm!!

PANCARTA

NESTE COLE RECICLAMOS, REDUCIMOS E REUTILIZAMOS
E TI?

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Recollida de tapóns

Necesitamos que nos axudedes a conseguir moitos tapóns de plástico!! Pistacho tivo unha idea para usalos. Xa vos mostraremos o resultado!!

Lembrade non tiralos. Depositádeos na caixa que hai na entrada do cole.