bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta carreira solidaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta carreira solidaria. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de febreiro de 2024

SAVE THE CHILDREN

 A carreira solidaria recaudou un total de 795,83€. Dende Save the children dannos as grazas a toda a comunidade por colaborar!!! Graciass familias!!





martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ E CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe foi un día tan intenso como especial. O día da PAZ sempre o é. 

Primeiro comezamos coa solta de globos biodegradables que a cativada tanto lle gusta. Despois cantamos a canción "Vivan las manos de colores", e finalmente realizamos a carreira solidaria a favor de Save the children. 

Na conta de instagram podedes ver todo con máis detalle pero se facedes clic no seguinte enlace tamén tendes unha morea de fotos para coñecer o noso día.



luns, 13 de decembro de 2021

CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe poidemos celebrar a carreira solidaria contra a leucemia infantil. 

Como vos comentamos, este ano colaboramos coa fundación Unoentrecienmil para a investigación da leucemia infantil.

Aquí vos deixamos fotos e un pequeno vídeo de como se desenvolveu. Moitas grazas a todos por participar!! Pronto vos diremos a cantidade que poderemos aportar a esta causa.

#unoentrecienmil    #vueltaalcolexlaleucemia



mércores, 1 de decembro de 2021

Carreira solidaria

Este ano, realizaremos a carreira solidaria, o 3 de decembro, día internacional das persoas con discapacidade. Os fondos recaudados irán a favor da fundación Unoentrecienmil, que buscan a maneira de curar a todos os peques enfermos de leucemia e invirten en investigación. 

O proxecto solidario chámase A VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL. 
 A cada participante daráselle un dorsal non numerado, posto que a carreira é cooperativa, non competitiva. Ganan os nenos afectados de leucemia porque teñen un motivo máis para a esperanza. 

 Todo o recaudado se anunciará por aquí.


luns, 21 de decembro de 2020

CARREIRA SOLIDARIA

 Aquí vos deixamos fotos da carreira solidaria para colaborar con Save the Children, que tivo lugar hoxe.

Xa podemos decir que o total recaudado é de: 1.000 €

Moitas gracias a todos !!



martes, 31 de decembro de 2019

Carreira solidaria

Como imaxinaredes, non puidemos realizar a carreira solidaria por mor do tempo. Pero iso non nos frenou á hora de recaudar diñeiro para a loita contra o cancro infantil. Conseguimos un total de 1023,29€! Moitas gracias a todas as familias que coa compra das flores colaboraron con esta causa.

sábado, 15 de decembro de 2018

Carreira solidaria Unicef

O venres 15 celebramos no colexio a Carreira solidaria "Gotas para Níger", iniciativa de UNICEF.
Ademais de facer deporte, pasámolo xenial xa que tanto infantil, primaria como secundaria nos xuntamos por unha boa causa. Moitas grazas por todos os donativos que nos chegaron. Ao longo destos días faremos público o recaudado. Agora vos deixamos unhas fotos e un vídeo desta carreira especial.



ACTUALIZAMOS: TOTAL RECAUDADO: 
702,67 €

sábado, 16 de decembro de 2017

CARREIRA SOLIDARIA

Este venres realizamos a carreira solidaria SAVE THE CHILDREN, na que todo o recaudado irá para esta ONG. 
Foi unha xornada moi divertida e solidaria. Este ano como novidade, fixemos entrega dunhas medallas que foron realizadas polo alumnado con material de refugallo. Mirade un pequeno resumo.
X PINCHA PARA VER TODAS AS FOTOS

venres, 23 de decembro de 2016

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

Gracias a todos os que colaborastes nesta causa. Entre alumnado, familias e profesorado recaudamos 671,70 €.

martes, 13 de decembro de 2016

XIII Quilómetros de solidariedade

Un ano máis participamos na carreira solidadaria de SAVE THE CHILDREN!! Participando na carreira escolar estás a axudar a que milleiros de cativas e cativos teñan acceso á auga potable, a unha alimentación axeitada e a unha educación! co teu esforzo poderemos axudar a milleiros de cativos. Se o tempo non nolo impide será o xoves pola tarde.

****DEBIDO AS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS A CARREIRA APRAZARASE ATA O  VINDEIRO LUNS POLA TARDE. Pedimos que todo o alumnado veña con roupa cómoda e de deporte.




mércores, 16 de decembro de 2015

Quilómetros de solidariedade!!!

Xa está todo preparado para a carreira solidaria que imos a celebrar mañá mércores 16 de decembro no colexio. 
Acordádevos de vir con roupa cómoda. E lembrade, que nesta carreira ninguén perde e moitos gañan porque non se trata de chegar o primeiro, se non de axudar a eses nenos e nenas que non tiveron tanta sorte coma nós.