bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta apadriñamento lector. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta apadriñamento lector. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de maio de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

 Aínda que cun pouquiño de demora polas condicións meteorolóxicas, este ano tamén tivo lugar no cole o apadriñamento lector. Un momento moi especial e unha boa maneira de lograr o gusto pola lectura! 📚



Tamén pensamos no noso libro favorito e aínda que foi difícil escoller un só, así o fixemos e plasmámolo en distintos recantos do cole. Se clicades encima, podedes acceder ao álbum das fotos!





sábado, 27 de abril de 2019

Día do libro con apadriñamento lector!!

Como cada ano, hoxe celebramos o Día do libro!! Esperamos polo bo tempo, e tivemos sorte, estivo unha tarde de venres estupenda para ler en calquera recunchiño do centro!! Os alumn@s maiores (padriños e madriñas) do cole elixiron un conto para lerllo aos máis pequen@s (afillados e afilladas). Entre tod@s pasamos unha tarde moi amena e alegre!

martes, 25 de abril de 2017

23 de Abril DÍA DO LIBRO

Este luns celebramos no cole o día do libro, sacando os libros ao patio. Da man dos padriños e madriñas ian os afillados e afilladas para recibir un agasallo: unha lectura! A cambio, recibían un marcapáxinas dos seus afillados/as! Todo esto trascorreu no patio nun día solleiro!!! Foi una tarde moi entretida.
Pero ainda nos quedan sorpresas para seguir celebrando o día do libro. Xa que Pistacho contactou cunha  das escritoras máis importantes da literatura galega, sabedes xa quen é? Sen lugar a dúbidas, FINA CASALDERREY vennos visitar este venres a biblioteca de Pistacho!

luns, 25 de abril de 2016

Día de padriños, madriñas, afillados e afilladas!!

Polo día do libro, e polo éxito do ano pasado, volvemos a realizar o apadriñamento lector!! Tivemos un día soleado para poder quitar os libros ao patio. Os padriños e madriñas foron a buscar aos seus afillados e afilladas a súa aula. Despois de escoller un lugar especial no patio, gozaron da lectura! Ao rematar, intercambiaron un pequeno agasallo; un marcapáxinas feito por eles!!

venres, 24 de abril de 2015

APADRIÑAMENTO LECTOR

A de hoxe foi unha xornada moi especial. Celebramos o día do libro. E para festexalo sacamos os libros ao patio. Cada padriño e cada madriña escolleron co seu afillado ou afillada o recuncho favorito do patio para disfrutar do conto que tiñan preparado. Gozamos dunha divertida xornada e dun estupendo día de sol contando e escoitando historias do máis divertidas e interesantes.