bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta ITINERARIO LECTOR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ITINERARIO LECTOR. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de decembro de 2019

ITINERARIO LECTOR

Dende a biblioteca escolar, e como proxecto de animación á lectura, imos a traballar con libros de lectura obrigada este curso.
Para iso, propoñemos que aproveitedes este Nadal para agasallar aos nenos e nenas con algún dos libros que terán que ler.
A volta das vacacións de Nadal terán que traer os libros da lista que lle tocan na súa aula.
Esta é a lista. 


luns, 17 de decembro de 2018

ITINERARIO LECTOR

Libros de lectura obrigada. Despois de Nadal, cada alumno terá que traer os libros que lle corresponden na súa aula!

xoves, 22 de xuño de 2017

A CEBRA CAMILA

Mirade que conto estiveron traballando os nenos e nenas da aula de 3 anos de infantil coa súa profe Pilar. Sóavos? É a CEBRA CAMILA. Pois vouvos ensinar unhas fotos do traballo que realizaron sobre este conto e todo o que aprenderon gracias a el!!!












martes, 28 de marzo de 2017

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ

Hoxe a biblio de Pistacho tivo o pracer de coñecer a Jacobo Fernández, escritor, ilustador e pintor, como autor de literatura infantil tan coñecido como os cómics de Marcopola que tanto nos gustan, ou mesmo os libros de "A pedra e as formigas" e "Mil cousas poden pasar".  
Poidemos ver cos nosos propios ollos a facilidade que ten para debuxar e como por arte de maxia aparecen do branco papel personaxes que nos transmiten moito. 
Grazas tamén a súa amabilidade, poidemos saber algo máis del con preguntas que os nosos colaboradores de Radio Tv Bembibre lle fixeron e que subiremos en breve a este blogue.
Para rematar tivemos sesión de firma de libros!!!
Moitas grazas JACOBO por virnos visitar, esperamos que pasaras unha boa tarde connosco!!!














UN LIBRO

Os nenos e nenas de 3 anos estiveron traballando cun dos libros que nos tocou ler este ano titulado "UN LIBRO".
Aprenderon moito del coa súa profe Pilar.  As cores, os números, as formas, mesturar cores, cantidades, sobre Kandinsky,... Tanto é así, que vos imos a mostrar o libro que fixeron sobre el!