bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 31 de maio de 2017

MONICREQUES

Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas de 4ºA. Fixeron dúas obras tituladas: "O PERDÓN" e "AVENTURA NO ZOO". E ambas as dúas nos ensinan algo!! Estade atentos!!!

martes, 30 de maio de 2017

MONICREQUES

Hoxe tivemos moitas visitas especiais!! Unhas mamás moi valentes que quixeron participar no teatriño de monicreques!!! A mamá de Pepe e Andrea de Infantil, a mamá de Manuel tamén de Infantil e a mamá de Mateo de 4ºB viñeron axudar a representar unhas obras de monicreques moi divertidas: "A PRINCESA E O DRAGÓN" e "A CASA MISTERIOSA".
Mirade que ben o fixeron!!!! Gracias por participar familias!!!!!



luns, 29 de maio de 2017

MONICREQUES

Hoxe tivemos unhas obriñas feitas polos nenos e nenas de 4ºB: " O MUNDO MÁXICO" e "O HOTEL ABANDONADO".


RECEITAS VIAXEIRAS

E seguimos con máis receitas destes nenos e nenas de 2º. Desta vez foi Xairo o cociñeiro, que nos trouxo o monstruo das galletas!!!



venres, 26 de maio de 2017

MONICREQUES

Este mércores tocoulle a quenda aos nenos e nenas de 6º coas obras "ATA SEMPRE" e "A HISTORIA FANTÁSTICA".


MONICREQUES

O martes as nenas de 2º deleitáronnos coa obra "O MISTERIO DO BOSQUE". A continuación foron o papá, mamá e Carmen de Infantil 4 anos coa obriña "AS LARANXAS..." Mirade que ben o fixeron todos!!!



luns, 22 de maio de 2017

Semana da ciencia

O alumnado de 4ºA e 4ºB de primaria, a semana pasada convertéronse en científicos por uns días e realizamos experimentos para traballar a flotabilidade, densidade, o volume, a luz... Con estes experimentos aprendimos a formular hipóteses, contrastalas e formar conclusións!!!
Fixemos flotar ovos, creamos nubes ou mesmo creamos arcos da vella!!!
Tamén nos dedicamos a ser prehistóricos por uns días, e realizamos pinturas rupestres e fabricamos ferramentas.





























MONICREQUES

Hoxe empezamos coas obriñas de monicreques. 
Aquí vos deixo a obra feita polos rapaces de 3º de primaria "O MONSTRUO CO MEDO A DURMIR SÓ" e a obra feita polos rapaces de 4ºB " A AVENTURA MÁXICA"



mércores, 17 de maio de 2017

Representación LETRAS GALEGAS

E aquí vos deixamos a historia da ermida de San Xoán contada polos nenos e nenas de 4ºB e a adaptación de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e  "A galiña azul" contada polos nenos e nenas de 5º de primaria.

CAMIÑATA Á ERMIDA DE SAN XOÁN

Onte, para celebrar o día das LETRAS GALEGAS e coñecer un pouco máis a contorna de Bembibre, realizamos unha camiñata a ermida de San Xoán e Santa Margarita. Alí contamos a historia desta ermida moi relacionada coa Catedral de Santiago de Compostela. E despois o alumnado de 5º de primaria fixo unha representación teatral adaptando a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e  "A galiña azul".
Neste lugar tan fermoso, tivemos tempo a merendar, a xogar e a visitar unha fonte milagreira que contan as lendas que é boa para a pel.  Témolo que repetir máis veces porque foi moi enriquecedor!