bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 25 de xuño de 2018

2º PREMIO "RECÍCLATE CON SOGAMA"

Estamos moi contentos, xa que nos comunicaron que o CPI de Bembibre foi galardoado co 2º premio de Galicia no programa do Plan Proxecta "RECÍCLATE CON SOGAMA". Dar as grazas a toda a comunidade educativa por participar e colaborar neste proxecto "REMEXENDO CONCIENCIAS". Xa estabamos moi contentos de todo o que se conseguiu, tanto na concienciación do alumnado polo coidado do medio ambiente, como en todas as novas prácticas realizadas no cole para a reciclaxe!!! Estamos moi orgullosos deste premio!! Seguiremos traballando para que todo o conseguido siga funcionando nos vindeiros cursos!!!
Enlaces coas notas de prensa: 
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpibembibre/node/663 

http://www.sogama.gal/gl/noticia/o-colexio-divina-pastora-de-ourense-ga%C3%B1ador-do-programa-rec%C3%ADclate-con-sogama-2017-2018

 http://galiciahoxe.com/area-de-compostela/ecg/premios-olalla-linares-cpi-dubres-bembibre/idEdicion-2018-06-22/idNoticia-1122575/


BIBLIOKARAOKE

mércores, 20 de xuño de 2018

GRADUACIÓNS

Hoxe estivemos de graduacións no cole, e por partida triple!
A aula da profe Ana, infantil B, a aula da profe Noe, de infantil C e a aula da profe Lucinda, 6º de primaria, tiveron que traballar moito para preparar o día de hoxe e celebralo como se merece!! Tivemos bailes, videos e ata unha obra de teatro. E como non, a entrega de diplomas e orlas!!!
Botade un ollo aos videos e ás fotos porque foi un día moi especial e emotivo!!

luns, 18 de xuño de 2018

EXCURSIÓN 1º e 2º de primaria

Excursión que realizaron os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria a: 
TORRES DO ALLO
CASTRO BORNEIRO
DOLMEN DE DOMBATE
MUSEO MELGA
Aquí tendes un video que demostra o ben que o pasaron!!

venres, 15 de xuño de 2018

Visita guardería

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Mirade!!!

HORTO DA CONCIENCIA

Hoxe tocou desenterrar o que enterramos fai un ano. Lembrades que enterramos diversos materiais para saber se son biodegradables ou non? Pois este experimento chegou a súa fin e hoxe por fín descubrimos que materiais se desintegran e cales non. E chegamos a conclusión de que a materia orgánica como as mondas das mazás e laranxas, papel hixiénico e o papel son biodegradables. Sen embargo, as toallitas, os plástico, o vidro, os bricks,... non desaparecen e pola contra se os botamos ao solo alí se quedarán milleiros de anos contaminando o medio. Agora, reflexionade e pensade para onde temos que botar o lixo.

Facede clic na imaxe para ver as fotos

mércores, 13 de xuño de 2018

Auxiliar de conversa

Durante este curso contamos coa auxiliar de conversa, Shelby Kobs chegada dende  Estados Unidos, Illinois . Con ela aprendemos máis cousiñas sobre o inglés,  cantando, lendo libros e xogando. Aquí vos deixamos dous audiolibro que fixo para que practiquedes a pronunciación e algunhas fotiños con todos nós! Gracias Shelby e boa viaxe!!!




martes, 12 de xuño de 2018

LIBRO VIAXEIRO: "A FORZA DA NATUREZA"

Temos o pracer de presentarvos o novo libro viaxeiro que facemos entre todos. Pistacho case sempre é o protagonista. Vaivos contar en que consiste.

- O libro viaxeiro vai pasando por todas as aulas de E. Infantil e E. Primaria e entre todos imos creando unha historieta na que os meus amigos e eu corremos novas aventuras. Estes últimos anos o libro viaxeiro ten que ver co noso PDI. E neste caso, este ano tocoulle como ben sabedes ao coidado do medio ambiente.
Pois ben, aquí tendes o libro viaxeiro titulado: "A FORZA DA NATUREZA". Un título que resume moi ben todo o contido libro.
E vos preguntaredes, que fas así vestido de superheroe? Pois lede o libro e alí o descubriredes.

luns, 11 de xuño de 2018

OBRA DE TEATRO

Aquí vos deixamos unha obra de teatro sobre Mª Victoria Moreno, como sabedes a escritora que se lle dedicaron este ano as Letras Galegas. 
O alumnado de 6º de primaria preparou coa súa mestra Lucinda unha obra de teatro baseada na vida dela.
Disfrutade véndoa neste video tanto como nós o fixemos en directo!!!


venres, 8 de xuño de 2018

Excursión á Coruña

Chegounos un video sobre a excursión que fixo o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria á Coruña, visita á Domus e a torre de Hércules.

mércores, 6 de xuño de 2018

Máis medio ambiente

Durante a xornada de onte, no cole recibimos unha charla sobre a reciclaxe dos electrodomésticos e os Puntos Limpos. Tamén algunhas aulas fixeron actividades nese día. Podedes botar unha ollada ás imaxes.

martes, 5 de xuño de 2018

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o día do medio ambiente. Sabedes porque se celebra? O principal obxectivo de esta festividade é concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo un desenvolvemento sostible para preservar o medio ambiente. É necesario que todos nós, poñamos o noso grao de area para conseguir manter o planeta nas mellores condicións posibles. Iso é o que estamos facendo nós no noso cole por medio do proxecto "Remexendo conciencias"- Recíclate con Sogama. 
Para celebrar este día no cole, fixemos unha árbore creada con botóns que conteñen desexos. Desexos e mensaxes para axudar a coidar o noso medio.

luns, 4 de xuño de 2018

Bibliokaraoke

Aquí chega o máis esperado do curso, a terceira edición do karaoke!!! Xa é todo un acontecemento no noso cole!! Tanto alumnado como mestres están desexando cantar unha canción para despedir este curso na biblioteca de Pistacho.
Vídevos anotar canto antes e a ensaiar!!!

venres, 1 de xuño de 2018

ENTREGA DE PREMIOS MONICREQUES

Este xoves fixemos a entrega de premios aos participantes dos monicreques!! Para o xurado foi unha tarefa moi difícil pero como todos e todas o fixéstedes tan ben, houbo premios para todos!! PARABÉNS polo voso esforzo e traballo!!
Os premios foron:
MELLOR DRAMATIZACIÓN
OS MELLORES DECORADOS
AS MELLORES CON CONTIDO MORAL
OS MELLORES MONICREQUES
AOS MÁIS ORIXINAIS
PREMIO REVELACIÓN
PREMIO AO MAIOR CONTIDO FANTÁSTICO