bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 26 de abril de 2024

RADIO BEMBIBRE

 Temos o pracer de presentarvos un novo proxecto no que estamos inmersos, xa temos radio no cole!!! Levamos tempo formándonos para poder dar o mellor de si desta nova e motivante ferramenta. 

Imos deixar aquí o enlace para que poidades encontrar todos os podcast que imos ir gravando. Vai haber moita variedade de temas, asique animádevos a escoitarnos que seguro botades unhas risas e aprendedes moito!!!

Esperamos que vos guste!!!


FAI CLIC AQUÍ

martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

Que bonito día tivemos para o día do libro e para facer como todos os anos o apadriñamento lector. 

Desfrutamos léndolle contos aos nosos afillados e afilladas. Aquí vos deixamos proba dos momentos tan máxicos que se crearon cun conto de por medio. 

Os afillados e afilladas agradeceron a lectura cunha flor, un clavel.