bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 26 de abril de 2024

RADIO BEMBIBRE

 Temos o pracer de presentarvos un novo proxecto no que estamos inmersos, xa temos radio no cole!!! Levamos tempo formándonos para poder dar o mellor de si desta nova e motivante ferramenta. 

Imos deixar aquí o enlace para que poidades encontrar todos os podcast que imos ir gravando. Vai haber moita variedade de temas, asique animádevos a escoitarnos que seguro botades unhas risas e aprendedes moito!!!

Esperamos que vos guste!!!


FAI CLIC AQUÍ

martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR

Que bonito día tivemos para o día do libro e para facer como todos os anos o apadriñamento lector. 

Desfrutamos léndolle contos aos nosos afillados e afilladas. Aquí vos deixamos proba dos momentos tan máxicos que se crearon cun conto de por medio. 

Os afillados e afilladas agradeceron a lectura cunha flor, un clavel.



luns, 11 de marzo de 2024

Xornada intercomarcal de Cros

 A localidade de Noia acolleu a fase intercomarcal de cros. Unha maña intensa con bo ambiente, bo tempo e onde o deporte e os máis de 700 deportistas foron os protaganistas.

sábado, 10 de febreiro de 2024

Desfile entroido 2024

 A mellor festa do ano, a do Entroido!! Xa podedes ver un pouquiño do desfile que tivo lugar no pabillón en Bembibre por mor da choiva. Tamén tendes o enlace ás fotos subidas. 

Desfrutade moito destos días!!!!

Fai clic para ver as fotos


martes, 6 de febreiro de 2024

SAVE THE CHILDREN

 A carreira solidaria recaudou un total de 795,83€. Dende Save the children dannos as grazas a toda a comunidade por colaborar!!! Graciass familias!!





venres, 2 de febreiro de 2024

Mandatos do Meco

 Xa chegou o entroidooo!! E con el os mandatos do Meco. Asique aquí vos deixamos os complementos que tendes que traer durante toda a semana que ven! Que ben o imos a pasar!! Viva o entroido!!!!





martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ E CARREIRA SOLIDARIA

 Hoxe foi un día tan intenso como especial. O día da PAZ sempre o é. 

Primeiro comezamos coa solta de globos biodegradables que a cativada tanto lle gusta. Despois cantamos a canción "Vivan las manos de colores", e finalmente realizamos a carreira solidaria a favor de Save the children. 

Na conta de instagram podedes ver todo con máis detalle pero se facedes clic no seguinte enlace tamén tendes unha morea de fotos para coñecer o noso día.



venres, 12 de xaneiro de 2024

Xornada de convivencia

 O 19 de decembro tivo lugar unha xornada de convivencia multideportiva entre o alumnado do CEIP Pepe de Xan Baña e o alumnado do CPI de Bembibre. Grazas ao alumnado de Traba-Castriz polo seu recibimento e amabilidade. Vémonos noutra!!