bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de maio de 2025

Saimos na Voz de Galicia

 Despois da gran ruada das Letras Galegas que tivemos o outro día aquí no cole con Nieves e Manuela, dúas pandereteiras e cantareiras de aquí de Val do Dubra e máis o grupo Regueifa onde os nosos nenos e nenas tocan e bailan, non podía faltar que esta festa fora contada nun xornal para toda a comunidade. Aquí estamos, bailando, cantando e disfrutando da nosa cultura e a nosa xente!!

Noticia da Voz d e Galicia do 27 de maio de 2025

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/val-do-dubra/2025/05/27/span-langglcantaba-cun-feixe-herba-na-cabezaspan/0003_202505S27C6991.htm



luns, 19 de maio de 2025

Letras Galegas 2025

 Este ano as letras galegas son moi especiais, porque nos tocan de cerca xa que se adican as cantareiras e pandereitas que levan toda a súa vida espallando o galego. Dándolle a importancia que ten a poesía popular oral que acompañou a nosa sociedade dende sempre.

Aquí en Val do Dubra, nos tamén temos moitas cantareiras e pandereteiras. E como non, fixemos unha ruada con elas. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Manola de Parente e Nieves de Oreira e co noso alumnado do grupo Regueifa tocando a pandeireta e bailando. Fixérono tan ben que lle agradecemos de corazón que nos fixeran pasar unha xornada tan especial!



sábado, 20 de maio de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 Aquí vos deixamos unha mostra das actividades que realizamos na escola para celebrar o Día das Letras Galegas e o seu 60 aniversario, que este ano se lle adica a Francisco Fernández del Riego, firme defensor da nosa lingua e cultura. 








venres, 13 de maio de 2022

PODCAST LETRAS GALEGAS FLORENCIO DELGADO

Aquí vos deixamos o Podcast realizado para dar a coñecer o homenaxeado nestas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado. Un podcast moi entretido e interesante. Cheo de curiosidades, moi boa música, algunha entrevistas,... Ten un pouquiño de todo feito polos nenos e nenas!!! Esperamos que vos guste!!

 

venres, 21 de maio de 2021

Obra de teatro "Vida de Xela Arias"

 E como colofón final, o alumnado de Infantil 5 anos, 3ºA, 3º B e 4º, realizou esta pequena obra de teatro, contando un pouquiño  a vida e obra de Xela Arias.  Temos que agradecer  a nosa sempre mestra e compañeira de teatro, Lucinda, por colaborar con nós.

Quixemos facela en varias partes: Xela nena, Xela en Xerais, Contos ao teléfono de Gianni Rodari e Xela editora. Esperemos que vos guste.

Obradoiro das Letras Galegas

 Na xornada de onte tivemos o pracer de desfrutar dun taller impartido por Andrea Barreira Freije. Andrea naceu na Fonsagrada en 1986, é graduada en xornalismo pola USC e especialista en Ed. Medioambiental, social e internacional. En 2015 publicou "Non hai luz sen escuridade", unha novela de xénero fantástico para público xuvenil. Outros das súas obras son:" Contos do Sacauntos", "Lendas de Gallaecia", "Tebras na alma" ou "Contos de verán". 

Actualmente imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos. Ademais da obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia enteira e forma parte da plataforma de crítica literario feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras. 

O taller que veu impartir ao alumnado de 4º de EP, chámase: "Cada día, a familia". Un obradoiro de poesía, para dar a coñecer e dinamizar a figura de Xela Arias.





sábado, 15 de maio de 2021

Letras Galegas Xela Arias

Este venres no cole conmemoramos o día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a escritora Xela Arias. 

Durante esta semana estivemos realizando unhas camisetas moi chulas e orixinais. Plasmámoslle a palabra máis bonita do galego. Quedaron moi vistosas!!!

Tamén lemos uns poemas de Xela, do seu libro "Darío a diario" que escribiu para o seu fillo.  Para finalizar escoitamos e bailamos un pouco para festexar este día. 

Este vídeo resume moi ben este día. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

mércores, 9 de outubro de 2019

Premiados polo día das Letras Galegas

Temos o pracer de comunicarvos esta noticia que saiu no Correo Galego. O alumnado do Cpi de Bembibre foi premiado pola Real Academia Galega.
O curso pasado o alumnado de 6º de primaria realizou unha obra de teatro grazas a súa mestra Lucinda. Esta obra de teatro sobre a vida de Antón Fraguas, estreouse o día das Letras galegas. E foi gañadora  entre máis de 80 colexios do concurso ""Contádenos o voso día das Letras Galegas". O vindeiro 15 de outubro, terán que ir a recoller o premio que lle otorga a Real Academia Galega.

Noraboa aos actores e actrices e sobre todo á artífice de todo isto, a mestre Lucinda!!!
Se clicades na imaxe, accederedes a toda a noticia.


venres, 31 de maio de 2019

Antón Fraguas!

O alumnado de 6ºA, coa axuda da mestra Lucinda, prepararon unha obra de teatro para homenaxear ao autor das Letras Galegas deste ano, Antón Fraguas. Todo o alumnado do centro o poidemos desfrutar en directo, polo que vos deixamos un vídeo para compartilo convosco. Un merecido aplauso para tod@s el@s que o fixeron como auténticos profesionais!

luns, 11 de xuño de 2018

OBRA DE TEATRO

Aquí vos deixamos unha obra de teatro sobre Mª Victoria Moreno, como sabedes a escritora que se lle dedicaron este ano as Letras Galegas. 
O alumnado de 6º de primaria preparou coa súa mestra Lucinda unha obra de teatro baseada na vida dela.
Disfrutade véndoa neste video tanto como nós o fixemos en directo!!!


mércores, 23 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS

A semana pasada tamén tivemos outra actuación no auditorio para homenaxear a Mª Victoria Moreno, grazas ao concello do Val do Dubra.
Foi sobre a obra de "Pan con chocolate"

mércores, 16 de maio de 2018

LEDICIA COSTAS

Hoxe tivemos con nós a Ledicia Costas. Escritora galega que recibiu innumerables premios polos seus libros. Entre eles, soaravos "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina, a pequena defunta" ou "A señorita Bubble". 
Como non podíamos desaproveitar a ocasión, fixémoslle unha pequena entrevista para coñecela un pouco mellor. Tamén o alumnado de 6º lle tiña preparado un recitado, "Do A ao Z" sobre a súa vida e obra. 
Tampouco faltou a sesión de firma de libros.
Moitas grazas Ledicia por acompañarnos nesta semana das Letras!!

Aquí vos deixamos imaxes e un video do acontecido.

martes, 15 de maio de 2018

SEMANA DAS LETRAS

Este ano como xa sabedes, as Letras Galegas dedícanselle a María Victoria Moreno, escritora de literatura infantil e xuvenil e profesora de ensinanza  Secundaria. Escribiu libros como Mar Adiante, A festa no faiado, Leonardo e os fontaneiros, O cataventos, A Brétema, Eu conto ti cantas,... Libros que temos na biblio para que poidas lelos e disfrutar da súa lectura.

Pouco a pouco irémosvos mostrando todo o que imos facendo nesta semana  e nas vindeiras. Como adianto xa vos escribo que hoxe temos unha visita moi especial: Ledicia Costas!!!!!
Namentres, déixovos enlaces para que poidades saber un pouquiño máis de Mª Victoria Moreno.

Clica nas imaxes

XOGOS INTERACTIVOS

venres, 9 de xuño de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS E A GALIÑA AZUL

Volvemos  a subir o video da obriña de teatro que realizamos o día das Letras Galegas na ermida de San Xoán, xa que o anterior tiña peor calidade. Adaptación: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS E A GALIÑA AZUL" realizado polo alumnado de 5º de primaria.

mércores, 17 de maio de 2017

Representación LETRAS GALEGAS

E aquí vos deixamos a historia da ermida de San Xoán contada polos nenos e nenas de 4ºB e a adaptación de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e  "A galiña azul" contada polos nenos e nenas de 5º de primaria.

CAMIÑATA Á ERMIDA DE SAN XOÁN

Onte, para celebrar o día das LETRAS GALEGAS e coñecer un pouco máis a contorna de Bembibre, realizamos unha camiñata a ermida de San Xoán e Santa Margarita. Alí contamos a historia desta ermida moi relacionada coa Catedral de Santiago de Compostela. E despois o alumnado de 5º de primaria fixo unha representación teatral adaptando a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e  "A galiña azul".
Neste lugar tan fermoso, tivemos tempo a merendar, a xogar e a visitar unha fonte milagreira que contan as lendas que é boa para a pel.  Témolo que repetir máis veces porque foi moi enriquecedor!