bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

domingo, 22 de novembro de 2015

25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

Durante esta semana, na biblio de Pistacho queremos concienciar con contos e videos as xeracións do futuro, ao noso alumnado, da necesidade da eliminación de todo tipo de violencia. Queremos eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario.

Achégate nos recreos á biblio!!!

Este luns poderemos ver ARTURO E CLEMENTINA!!


luns, 9 de novembro de 2015

E chegou o día!!! ELECCIÓNS NO COLE

Estábamos todos nerviosos, ansiosos de ir a votar e de saber cal ía ser o lema gañador. Todo saíu ben!! O presidente e os vogais fixeron o seu traballo a perfección. Todos fomos a votar!! E ata tivemos unha visita dunha personalidade moi importante do concello, o alcalde, o señor Antonio Negreira. Foi tan emocionante que o día que seguramente volvamos a repetir!! Sentímonos importantes por poder decidir algo todos xuntos. E grazas a iso, Pistacho e a biblio xa teñen lema gañador!!
LER CON PISTACHO, MOLA UN CACHO

xoves, 5 de novembro de 2015

XORNADA DE REFLEXIÓN

No cole estamos reflexionando que lema escoller, porque mañá toca votar!!!
Como vedes non nos falta ningún detalle, xa temos preparada a cabina, as papeletas, as mesas para o presidente, secretario e vogal e as actas!!!
Mañá contarémosvos como saiu todo!!

mércores, 4 de novembro de 2015

XORNADA DE ELECCIÓNS NO COLE

O vindeiro venres decidiremos cal será o lema que mellor represente á biblioteca de Pistacho. Todo isto levarémolo a cabo de maneira moi profesional. Isto quere dicir que faremos unha xornada electoral con mesa (co seu presidente e vocais), urna, cabina e papeletas. Vai a ser moi divertido!! Por iso, acude e VOTA!!!!