Esta semaniña Eliana de 2º de primaria tróuxonos unhas ricas e ben bonitas magdalenas!! Todos os seus compañeiros estaban emocionandos para probar este colorido doce. A pinta é exquisita!! Grazas!
bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
domingo, 25 de febreiro de 2018
mércores, 21 de febreiro de 2018
Sabes a que colector vai cada residuo?
Demostra os teus coñecementos de reciclaxe e da separación de residuos, elexindo a resposta correcta neste pequeno xogo:
Día Internacional da Lingua Materna
Segundo a Unesco, o obxectivo xeral da xornada que se celebra hoxe é promover unha educación plurilingüe para o desenvolvemento da cidadanía global.
Fai clic na imaxe para saber máis:
Fai clic na imaxe para saber máis:
martes, 20 de febreiro de 2018
ROSQUILLAS VIAXEIRASS
E seguimos con postres das nosas mochilas viaxeiras.
Efrén de infantil de 5 anos, fixo unhas rosquillas brandiñas que estaban moi ricas. Que caras de larpeiros todos!!!
luns, 19 de febreiro de 2018
TALLER DE GALLETAS
Este pasado venres no cole fixemos un taller de cociña co alumnado de 5º e 6º de primaria. Aproveitamos o Día do amor e da amizade para facer unhas galletas en forma de corazón. Aprendemos os ingredientes que leva, como engadilos, como separar a xema da clara, como amasar coas mans e co rolo!!! Foi unha experiencia diferente, que nunca viviramos antes no cole. Estivemos moi atentos ás indicacións e despois puxémonos mans á masa. E o resultado foi tan bo que lles gustou a todo o cole.
Probade a receita na casa porque as galletiñas están moi boas e a receita é ben sinxela!!
Dar as grazas ás cociñeiras por facilitarnos os utensilios necesarios e axudarnos cos fornos!!!
Pincha para ver as imaxes
xoves, 15 de febreiro de 2018
xoves, 8 de febreiro de 2018
Nogueiras
No día de onte, e coa colaboración do Concello de Val do Dubra, repartíronse entre todo o alumnado e persoal do cole nogueiras preparadas para plantar. Grazas ao noso proxecto das paisaxes e da reciclaxe podemos dar vida aos nosos montes cunha árbore que ademais nos vai dar ricos froitos!!! Sabedes que dan as nogueiras? Claro que si, NOCES!!!! Esperamos que a coidades moi ben para que luza bonita dentro duns aniños na nosa paisaxe!!!
martes, 6 de febreiro de 2018
Postres viaxeiros!!
Receitas viaxeiras de pequenos cociñeiros!! Pablo de Infantil 5 anos trouxo a proba do biscoito que fixo coa súa familia!!! Arrecendía moi ben!!!
venres, 2 de febreiro de 2018
Cartel gañador do Entroido
Xa temos o gañador do Concurso do cartel de entroido. Noraboa a ANDREA IGLESIAS de 5º A.
Aquí vos deixamos as fotos do premiado e dos demais participantes.
Video Campo a Través
Aquí vos amosamos un video sobre a xornada de Campo a través celebrada na Baña.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)