bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da PAZ

Hoxe nin a chuvia nin o vento puideron estragarnos o día de sorpresas que tiñamos preparado para o día da PAZ. O alumnado de 6º leu un manifesto e despois entre todos fomos creando coas nosas pezas un crebacabezas no que se podía ver un gran corazón vermello. Ese corazón foi feito coas pegadas dos dedos de todos os nosos nenos e nenas do cole! Todos xuntos, co noso gran de area podemos formar algo moi grande!!
Despois, como xa levamos feito anos atrás, rematamos cunha solta de globos e unha canción!!! Todo saiu perfecto e ata o vento nos axudou a que os globos voaran tan alto que as nosas mensaxes poideran  chegar ata o infinito e máis alá!!!







O abecedario da PAZ

Os  nenos e nenas de infantil fixeron este abecedario da PAZ de forma moi orixinal!! Cos seus corpos!!! Mirade que xeito lle deron!!!

domingo, 29 de xaneiro de 2017

SOMOS HUMANOS

E como todo reporteiro, os de Bembibre tamén tivemos os nosos erros en plató. Aquí van unhas poucas TOMAS FALSAS que xurdiron despois de gravar estos noticiarios para o día da PAZ. Unha vez máis moitas grazas por vernos e por seguirnos en RADIO TV BEMBIBRE!! Estes reporteiros naceron para informarnos e sacarnos uns cantos sorrisos!! Un aplauso para todos eles!!!


NOTICIARIO DE PAZ 4ºA

Un día máis os reporteiros do CPI de Bembibre informan do máis destacado da actualidade, da sociedade, ... todo isto sempre na túa RADIO TV BEMBIBRE. Se é noticia, aquí contámoscho!! 
A noticia de hoxe: A chegada da PAZ a COLOMBIA!!!
Así son as cousas e así volas contamos!!!


venres, 27 de xaneiro de 2017

NOTICIARIO DE PAZ 1º

E seguimos con máis noticias, máis novidades sobre personaxes de paz. Agora tócalle quenda aos reporteiros de 1º de primaria. Grazas a eles imos coñecer a vida de Evo Morales, o presidente de Bolivia!!!


Noticiario de PAZ 2º

E seguimos informando en RADIO TV BEMBIBRE!! Os nosos reporteiros non descansan. Desta vez, son as periodistas de segundo informando sobre unha pintora e poetisa mexicana, Frida Kahlo.
Seguimos en directo!!

xoves, 26 de xaneiro de 2017

NOTICIARIO DE PAZ 4ºB

E seguimos cos reporteiros na RADIO TV BEMBIBRE!! Os nenos de 4º B trouxeron un convidado moi especial. Guillermo Fariñas, un activista pola Paz chegado dende Cuba!!

NOTICIARIO DE PAZ 6º

Os nosos corresponsais en Bembibre están informando en directo sobre a PAZ. Damos paso  aos rapaces e rapazas de 6º. 
Sigue a nosa canle RADIO TV BEMBIBRE! Estamos onde está a noticia! 


mércores, 25 de xaneiro de 2017

Canción Paz 2017

Se queres ir practicando a canción que eleximos este ano para cantar o día 30 de xaneiro, pincha aquí!!

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Receitas viaxeiras!!

Na clase de segundo temos moi bos cociñeiros.  Grazas ás cualidades culinarias de Leo e da súa familia e coa axuda dun libro de cociña da mochila viaxeira, trouxéronnos a proba deste riquísimo biscoito de chocolate con lacasitos!!!!
Tamén o luns Pablo de infantil de 4 anos tróuxonos outro biscoito feito en familia e sacado tamén dun libro da mochila viaxeira!! Deste non temos fotos pero si sabemos que estaba riquísimo!!!




venres, 13 de xaneiro de 2017

Campionato Campo a través

O xoves 12 de xaneiro o noso alumnado participou no campionato escolar Campo a través que se celebrou no concello de A Baña. Aquí tedes unha pequena mostra do que aconteceu.
Felicidades a todos, en especial aos clasificados!!!!



TERCEIRO POSTO  ALEVÍN MASCULINO: LUCAS ALVARELLOS

SEGUNDO POSTO ALEVÍN FEMININO: IRIA CALVIÑO

SEGUNDO POSTO INFANTIL MASCULINO: JOAQUÍN GORIS


SEGUNDO POSTO CADETE FEMININO: MARÍA CASTRO