bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta día violencia xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día violencia xénero. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de novembro de 2020

25 de Novembro contra a violencia de xénero

 Hoxe foi un día diferente. No cole hoxe repartimos chapas co noso lema, repartimos uns cadernos dos Bolechas sobre a igualdade que nos ofreceu o Concello, vimos os vídeos onde as familias poideron participar para dar o seu apoio a este día e plantamos unha árbore que vai ser o noso símbolo cada 25 de novembro. Un arce xaponés que vai ser o noso punto de referencia cada 25N, para conmemorar a todas as mulleres que loitaron e seguen loitando pola igualdade e por erradicar a violencia de xénero. Non foi un día calquera, foi o 25 de novembro. Que todos os días sexan 25 de novembro. 

Fai clic na imaxe para ver máis fotos.

"Que non mo neguen" Tanxugueiras 25N

 Aquí vos deixamos a canción que cantamos este ano, das Tanxugueiras "Que non mo neguen". O alumnado máis a profe Catuxa, alzaron a voz contra a violencia de xénero!

POR TI, POR MIN, POR NÓS

 Con moita ilusión vos ensinamos este vídeo tan bonito que poidemos facer grazas a todas as familias que quixeron colaborar con esta iniciativa. Moitas grazas por participar e por facelo tan ben. Aquí poñemos o noso grao de area para loitar contra a violencia de xénero. Xuntos podemos!!!! Xuntos somos máis fortes!! Contra a violencia de xénero alcemos a voz!!!

xoves, 28 de novembro de 2019

VIDEO RESUMO DO 25N

Vede este video que resume moi ben todo o que foi o día do 25 de novembro contra a violencia de xénero. Tamén podedes escoitar a canción que se elexiu para ese día: "Nunca ninguén" de A banda da loba.

martes, 26 de novembro de 2019

25N- Manifesto

O alumnado de sexto de primaria leu un manifesto para conmemorar este día. Co lema : NIN UNHA MÁIS NIN UNHA MENOS

25N Obra de teatro

Aquí vos imos ensinando todo o que aconteceu o 25 de novembro no colexio. Empezamos asistindo ao auditorio para ver 4 obriñas realizadas polo alumnado de cuarto e sexto de primaria. Merece a pena que as vexades porque fainos reflexionar sobre situacións da vida cotiá nas que deberíamos correxir algunhas conductas machistas. Pero sempre con ese toque de humor que lle pon a mestra Lucinda!

luns, 25 de novembro de 2019

25N contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no colexio o día contra a violencia de xénero. Un día moi emotivo e cheo de diferentes actividades. Entre elas, unha obra de teatro, bailes, cancións, lectura de manifestos,.. Un día no que todos vestíamos unha camiseta branca cun lema moi claro #NINUNHAMENOS.
Deixámosvos un adianto. En breves vos ensinaremos máis.

martes, 17 de setembro de 2019

Minuto de silencio

Non podemos máis que demostrar co noso minuto de silencio que estamos en contra da violencia de xénero. Por desgracia, hoxe tivémonos que xuntar para recordar as 3 vítimas de onte no concello de Valga. Mulleres que lles foi arrebata a vida en presencia de dous nenos. 
Toda a comunidade educativa do CPI de Bembibre  concentrouse en sinal de repulsa.
NON MÁIS MORTES, NON MÁIS VIOLENCIA MACHISTA.


luns, 26 de novembro de 2018

LA PUERTA VIOLETA

Queremos ensinarvos un video que fixemos co alumnado sobre a canción "La puerta violeta" de Rozalén. Unha canción que nos serviu para traballar este ano o día contra a violencia de xénero.
Facede clic no video para velo.


 Tamén vos deixamos outro pequeno video no que se mostra o noso mural e as portas decoradas para este día!!!

luns, 27 de novembro de 2017

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Derradeiro día da semana contra a violencia de xénero. Hoxe como broche final, o alumnado de 6º realizou unha obra de teatro na que plasmou a triste realidade de moitos fogares na que a muller ten unha difícil situación. Entre todos podemos cambiar iso, como fixeron nesta magnífica obra de teatro!!!
Tamén no recreo poidemos asistir a unha performance feita polo alumnado de Secundaria.


4º XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este xoves tocoulle aos máis pequenos de primaria. O alumnado de 1º contounos por medio de debuxos o que estiveron traballando na clase sobre a violencia de xénero. E o alumnado de 2º representounos de unha maneira moi amena o conto "Nin un biquiño á forza".

martes, 21 de novembro de 2017

2º XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5ºB, que nos explicou as orixes deste día, o porqué da  conmemoración e de onte veñen os símbolos que se utilizan.

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana no cole imos a conmemorar o día contra a violecia de xénero. Cada día da semana, unha aula expoñerá ao resto do cole o que preparou sobre a violencia de xénero. Estade atentos porque subiremos ao blogue todo o que vaiamos facendo.
Hoxe tivo a quenda o alumnado de 5ºA, que explicou e representou os diferentes tipos de CIBERACOSO.

martes, 22 de novembro de 2016

Semana pola Igualdade de xénero

Durante esta semana no cole faremos unha serie de actividades para tratar cos nenos e nenas a violencia de xénero. Entre estas actividades están a de visionar curtas relacionadas con este tema. Acude a biblio nos recreos da mañá!! Tamén faremos entre todos o mural "VENTOS POLA IGUALDADE"









aaa
**

domingo, 22 de novembro de 2015

25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

Durante esta semana, na biblio de Pistacho queremos concienciar con contos e videos as xeracións do futuro, ao noso alumnado, da necesidade da eliminación de todo tipo de violencia. Queremos eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario.

Achégate nos recreos á biblio!!!

Este luns poderemos ver ARTURO E CLEMENTINA!!