bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 29 de outubro de 2015

martes, 27 de outubro de 2015

CHIBOS, CHIBÓNS


Decoración e caretas terroríficas

Mírade que bonitas están as portas do noso colexio!!! Danos algo de medo ir polos corredores!!! Pero algunhas son super divertidas!!!

Ademáis, Pistacho está todo contento porque a entrada da biblio está chea de divertidas e orixinais caretas de medo!!! Algunhas son arrepiantes! Estes nenos e as súas familias son moi inxeniosos!! OLLADE!!!

4º Xornada de contacontos

TEÑO MEDO e FELIX, THE FEAR COLLECTOR
 

mércores, 21 de outubro de 2015

Recreos de contos!!!

Aquí nos deixa Pistacho a programación destos días. Non vos perdades os contos que nos lerán os nen@s de 6º na hora do recreo. Estanos preparando con moitas gañas de facelo ben e darnos un pouco de medo!!!!

martes, 20 de outubro de 2015

A COVA DE PISTACHO!!!

ARREPIANTE!!!!! Mirade como temos a biblio, non vos entra un pouco de medo ao vela? Pois se queredes pasar uns recreos misteriosos, vide a ver a Pistacho a biblio e ler todos os libros de medo que alí tedes!!!


luns, 19 de outubro de 2015

Samaín 2015

Que ganiñas tiñamos desta festa. Pasámolo xenial decorando a biblio, facendo caretas terroríficas, escoitando contos e vendo curtas de medo!!!!
Pistacho está todo emocionado!! Encántalle o Samaín. Co seu parche no ollo xa está medio disfrazado.
Vide a biblio a ver a exposición de libros de medo e adentrádevos se sodes valentes!!! Coidado coas teas de araña!!!!!

Cando lemos, temos dereito a...


martes, 13 de outubro de 2015

BÚSCASE LEMA


En busca dun LEMA

Nenos e nenas!!! PISTACHO busca a vosa axuda e imaxinación para algo moi importante. Necesitamos un LEMA para a biblio. Algo que nos identifique, que identifique a nosa biblio. Unha frase que invite a vir a ler, a soñar, a imaxinar. Con rima ou sen ela pero que sexa orixinal.
Cando a teñas bótaa no buzón da biblio antes do venres 16, co teu nome e curso. Para a semana elixiremos a gañadora.
 
GRACIAS POR PARTICIPAR
 

Temos novos coidalibros!!!