bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 27 de abril de 2018

Charla sobre a avespa asiática

Hoxe tivemos unha charla sobre a avespa asiática da man de Pablo e Manuel, empregados da empresa de fumigación Arumia. Explicáronnos como viven e se reproducen e as posibilidades que temos a nivel persoal para combatelas.
Poidemos contemplar a complicada estructura das súas colmeas, obras de auténtica arquitectura. Que traballo tan complexo!

Tivemos nas nosas mans avespas mortas e o máis asombroso foi ver en acción o dron con que fumigan os niños de velutinas.
Con eles aprendemos a elaborar trampas con botellas de plástico para frear esta especie invasora.
Se salvamos as nosas abellas destas inimigas, estarémonos salvando a nós mesmos.
CLICA NA IMAXE

mércores, 25 de abril de 2018

Receitas viaxeiras

Esta semana Zaira, de Infantil de 4 anos, trouxo unhas ricas magdalenas de chocolate. Deliciosas!!!


Audiolibro: CARACOL E FORMIGA

Audiolibro elaborado polo alumnado de Infantil A de 4 anos.

Audiolibro "CHIBOS CHIBÓNS"

Audiolibro elaborado polo alumnado de Infantil 5 anos C

Audiolibro "AS DÚAS CASAS DE ALICIA"

Audiolibro feito polo alumnado de 5ºB

Audiolibro "O ESQUELETO"

Audiolibro feito polo alumnado de 5ºA.

Audiolibro "A CASA DA MOSCA CHOSCA"

Audiolibro elaborado polo alumnado de 2º de primaria

Audiolibro "PIRRACAS E AS PATACAS"

Audiolibro feito polo alumnado de 6º de primaria.

luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de Abril, é o día Internacional do libro. 
No cole xa estamos preparados para salir a facer o APADRIÑAMENTO LECTOR no que os maiores lles len un conto aos máis pequenos. Este ano como novidade vamos a regalarnos chapas feitas por nós mesmos, chapas personalizadas.
Tamén estamos elaborando AUDIOLIBROS que subiremos en breve ao blogue. Estade atentos!!!

Xardín vertical

Hoxe presentámosvos o noso XARDÍN VERTICAL feito con botellas de plástico. Así dámoslle un segundo uso a esas botellas que irían a parar ao contedor. E grazas a estas botellas fixemos uns maceteiros nos que estamos plantando leitugas, fresas, plantas aromáticas, ornamentais,.. 

xoves, 19 de abril de 2018

Receitas viaxeiras!!

Este xoves chegaron máis receitas ao cole. Alma de infantil de 4 aniños trouxo unha rica mousse de chocolate para todos os seus compañeiros!! Mirade que pinta tan boa tiña!!! 
Nas fotos podedes ver a Alma coas mans na masa!!! E preparada co seu gorriño para actuar!!!!



luns, 16 de abril de 2018

Luns doces!!

Este luns non foi como todos os luns, xa que nos chegaron postres para endulzarnos a mañá!! Grazas a Ale de infantil B e a súa familia e a Dani de 5ºB e a súa familia por estes ricos doces!!!

xoves, 12 de abril de 2018

Máis receitas!!!

Máis doces para esta semana. Pepe, de infantil 4 anos, trouxo unha rica torta de mazá feita por el e pola súa familia. E segundo dixo Pistacho, que lle chegou o arrecendo a biblioteca, estaba moi saborosa!!!