bibliobembibre@gmail.com
bibliobembibre@gmail.com
xoves, 31 de xaneiro de 2019
martes, 29 de xaneiro de 2019
Día da Paz
Mañá, 30 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Paz e non Violencia, e dende o noso cole organizamos un baile para conmemoralo. Mirade que ben o fixemos!!
Que delicia!!
Na aula de Infantil de 3 anos volveron aparecer os doces... Esta vez foi a familia de Martina Paulos a que nos deleitou con unhas galletas exquisitas! Bo proveito chic@s!
!
luns, 28 de xaneiro de 2019
UNHAS TABLETS PARA O COLE!

martes, 15 de xaneiro de 2019
PILABOT
Esta mañá, o alumnado de sexto de primaria recibiu unha pequena charla sobre o programa de reciclaxe de pilas no que estamos inmersos: PILABOT!!
Ademais de explicarnos cousas moi interesantes sobre as pilas e baterías, tamén tivemos tempo para facer uns pequenos xogos. Estes axudáronnos a reflexionar e aprender aspectos sobre o uso das pilas que, moitas veces, pásannos totalmente desapercibidos no noso día a día . . . Foi divertido!
luns, 14 de xaneiro de 2019
Adiantámonos ao Entroido!!
Este curso queremos anticiparnos un chisco ao ENTROIDO e para
iso precisamos da vosa colaboración. Estamos a traballar a "PREHISTORIA EN
GALICIA" tanto en Infantil como en Primaria e queremos trasladar este tema
ao ENTROIDO de xeito que as nenas e nenos se disfracen de prehistóricos. O
disfrace pode abarcar desde o periodo das cavernas ata a vida castrexa. Para
iso necesitamos que participedes coas vosas fillas e fillos na súa elaboración
e poidan recorrer, ao igual que outros anos, as rúas de Bembibre.
Se vos serve de axuda, podedes ter en conta que:
- Unha bolsa de lixo pode servirvos de patrón e podedes
recubrila con retais cosidos.
- Pode ser dunha peza, tipo vestido, con calzado recuberto de
retais.
- Pode ser de dúas pezas: unha parte ata a cintura ou
xeonllos máis un pantalón ou saia.
- Pode levar gorro ou casco, acorde co disfraz.
- Podedes utilizar sacos de esparto...
- Calquer adorno ou complemento que queirades engadirlle que
non sexa perigoso nin poida facer dano aos demais (lanzas, arcos, coitelos,
escudos...).
- Non vos preocupedes porque os disfraces sexan todos
distintos, incluso os dos propios compañeiros da clase.
- Lembrade reutilizar todo aquel material que teñades pola
casa.
Aquí vos deixamos unhas imaxes por se vos serven de axuda.
Grazas pola vosa colaboración.
mércores, 9 de xaneiro de 2019
Receitas de aninovo
Novas receitas que nos chegan dende a clase de 4 aniños. Lois tróuxonos a proba dunhas deliciosas rosquillas!!!
martes, 8 de xaneiro de 2019
Campo a Través A Baña
Aquí vos deixamos un video sobre a competición de Campo a Través que se celebrou na Baña en decembro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)