bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 29 de setembro de 2025

50 cursos 50 xeracións

 E aquí estamos, o cole do Cpi de Bembibre, que cumple 50 anos da súa inauguración. E como non podía ser doutra maneira, tiñamos que organizar algo para celebralo.

Neste tríptico que vos mostramos, podedes ver todas as actividades que se foron realizando ao longo do curso pasado e no inicio deste.

Tendes todo colgado neste recuncho e tamén na páxina web do cole e no Instagram!.

Desexando vervos a todos e todas o día 10 de outubro!!!


martes, 9 de setembro de 2025

MERENDAS SAUDABLES

Este curso imos propoñer MERENDAS SAUDABLES para todo infantil e primaria. Queremos promover que o noso alumnado coma ben e variado. Pedímosvos colaboración dende a casa para animar aos cativos a seguir esta táboa. Dámosvos exemplos por se vos serve!!


Benvidos ao curso 2025/2026

 Un aniño máis, por aquí estamos. Con moitas gañas e ilusións de comezar un novo curso que estará cheo de aventuras e novas aprendizaxes!!!

Benvidos e benvidas ao Cpi de Bembibre.

Aquí vos presentamos a Pistacho, a nosa mascota da biblioteca.