bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta 50 aniversario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 50 aniversario. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de outubro de 2025

50 anos de historia, aprendizaxe e emocións no noso colexio

 O pasado venres celebramos unha data moi especial: o 50 aniversario do noso colexio. Foi unha festa inesquecible, chea de emocións, reencontros e moitas lembranzas compartidas.

A celebración reuniu a numerosos ex-alumnos e ex-profesores, que volveron ao centro para lembrar tempos pasados, contar anécdotas e comprobar como o colexio medrou e cambiou ao longo destas cinco décadas.

Durante o acto houbo momentos de homenaxe, música, risas e tamén moita emoción, especialmente ao ver xuntas persoas que formaron parte da historia do colexio en diferentes etapas.

Desde a biblioteca queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa —pasada e presente— por facer posible esta historia que seguimos escribindo día a día.
Foron 50 anos cheos de aprendizaxe, amizades e experiencias, e seguimos mirando cara ao futuro con ilusión e co mesmo espírito de sempre.

Parabéns a todos e todas!
Seguimos a facer historia, tamén dende a nosa biblioteca 📚✨

Aqui vos deixamos fotos deste día tan especial


luns, 29 de setembro de 2025

50 cursos 50 xeracións

 E aquí estamos, o cole do Cpi de Bembibre, que cumple 50 anos da súa inauguración. E como non podía ser doutra maneira, tiñamos que organizar algo para celebralo.

Neste tríptico que vos mostramos, podedes ver todas as actividades que se foron realizando ao longo do curso pasado e no inicio deste.

Tendes todo colgado neste recuncho e tamén na páxina web do cole e no Instagram!.

Desexando vervos a todos e todas o día 10 de outubro!!!


venres, 23 de maio de 2025

VÍDEO DRON 50 ANIVERSARIO

 Seguimos tramando cousiñas para festexar os 50 anos do colexio. E non se nos ocorreu mellor maneira que pintar de branco o noso patio. Pero pintalo de unha forma especial. Con todas as nosas camisetas brancas. 

Entre todos fixemos, cos nosos corpos, unhas datas que representan moito para nós: 1975-2025.

Mirade que impresionante quedou!!!

martes, 13 de maio de 2025

O gran libro de receitas dos nosos maiores

 Libro elaborado coa colaboración das familias para recompilar receitas dos nosos avós e avoas para coñecer que se comía nos anos 70, na época na que o noso cole, abriu as súas portas. Actividade que se realizou para relacionala co aniversario dos 50 anos do colexio e para darlle voz aos nosos maiores, tan importantes nas nosas vidas.

Aquí vos deixamos o libro de receitas! Quen se anima a facer algunha??

xoves, 8 de maio de 2025

50 aniversario do cole

 Ao longo deste curso e do vindeiro, cúmprense 50 anos do noso cole. Durante o curso estivemos realizando diferentes actividades relacionadas con este aniversario. Entre elas entrevistas, entroido de debuxos animados dos anos 70, receitas dos nosos avós e avoas, ... E máis cousiñas que nos quedan por facer e que vos iremos ensinando. 

Nesta entrada iremos colgando todo. Se ides ao icono da dereita do blogue onde pon 50 anos xa vos levará directamente.

Enlace á entrevista de Carmita

Enlace á entrevista de Varela

Enlace á entrevista de Manuel Baleato (antigo director)

Enlace á entrevista de Lucinda (antiga mestra)

Enlace á entrevista de Víctor, tío de José e exalumno 

Enlace á entrevista de Ana Abelenda (mestra do cole)

Enlace á entrevista de Diego Luis Díaz (alcalde de Val do Dubra)

Enlace á entrevista de Miguel, actual director do Cpi de Bembibre