bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 21 de outubro de 2015

Recreos de contos!!!

Aquí nos deixa Pistacho a programación destos días. Non vos perdades os contos que nos lerán os nen@s de 6º na hora do recreo. Estanos preparando con moitas gañas de facelo ben e darnos un pouco de medo!!!!

martes, 20 de outubro de 2015

A COVA DE PISTACHO!!!

ARREPIANTE!!!!! Mirade como temos a biblio, non vos entra un pouco de medo ao vela? Pois se queredes pasar uns recreos misteriosos, vide a ver a Pistacho a biblio e ler todos os libros de medo que alí tedes!!!


luns, 19 de outubro de 2015

Samaín 2015

Que ganiñas tiñamos desta festa. Pasámolo xenial decorando a biblio, facendo caretas terroríficas, escoitando contos e vendo curtas de medo!!!!
Pistacho está todo emocionado!! Encántalle o Samaín. Co seu parche no ollo xa está medio disfrazado.
Vide a biblio a ver a exposición de libros de medo e adentrádevos se sodes valentes!!! Coidado coas teas de araña!!!!!

Cando lemos, temos dereito a...


martes, 13 de outubro de 2015

BÚSCASE LEMA


En busca dun LEMA

Nenos e nenas!!! PISTACHO busca a vosa axuda e imaxinación para algo moi importante. Necesitamos un LEMA para a biblio. Algo que nos identifique, que identifique a nosa biblio. Unha frase que invite a vir a ler, a soñar, a imaxinar. Con rima ou sen ela pero que sexa orixinal.
Cando a teñas bótaa no buzón da biblio antes do venres 16, co teu nome e curso. Para a semana elixiremos a gañadora.
 
GRACIAS POR PARTICIPAR
 

Temos novos coidalibros!!!


luns, 21 de setembro de 2015

Novo chan!!!!

Mirade a biblio!! Pistacho está todo contento co novo chan que temos. Tamén poderemos ver cousiñas no noso novo proxector!!!
Este curso poderemos disfrutar ainda máis da biblioteca!

xoves, 17 de setembro de 2015

******** Benvidos e benvidas ao curso 2015-2016*********

Xa se remataron as merecidas vacacións. Pistacho está encantado de estar aquí con nós outro curso máis. E como non, temos novas!! Cremos que Pistacho traballou moito este verán e puxo máis bonita si cabe a biblioteca. Nos próximos días teredes fotos que o demostran. Polo de pronto, poñémosvos este curto de Pixar que nos encanta!!!