bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

mércores, 24 de febreiro de 2016

24 de febreiro. Día de Rosalía

En Galicia estamos de celebración, hoxe é o día que lembramos o nacemento da escritora referencial da literatura galega. 
Vente no recreo ata a biblio e Pistacho ensinarache e contarache algúns dos seus poemas.
 
 
 
Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero, ¡vaia!
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos


mércores, 17 de febreiro de 2016

Novidades artísticas!!!

Na biblioteca de Pistacho contamos cunha nova colección de pintura. Trátase duns libros sobre pintores moi coñecidos, entre eles Van Gogh, Dalí, Frida Kahlo,...
Vente a biblio a buscalos, están no apartado de informativos, coa etiqueta rosa!!!









mércores, 3 de febreiro de 2016

xoves, 28 de xaneiro de 2016

ANXO MOURE na biblio de Pistacho

Que gran día o de onte!!!! Pasámolo xenial cun personaxe moi querido. Veunos a visitar no seu Nubinete ANXO MOURE!!! Foi unha xornada moi especial, porque Anxo trasmitiunos todo o cariño que lle temos que ter a natureza e como temos que coidala. Tamén nos contou a historia do seu conto "O PARAUGAS DAMEAUGAS" e tivemos a sorte de que no lo adicou!!!

martes, 26 de xaneiro de 2016

Que se está a argallar?

Mmmm!! Algo se está a argallar no cole para o día da PAZ!!! Estamos desexando que chegue o día para poder ensinarvos todo o que temos montado!! Unha árbore xigante  ou un mural onde podemos escribir o que nos apeteza, son algunhas das actividades!