bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 29 de xaneiro de 2021

3O de xaneiro Día da PAZ

 Hoxe celebramos o día da PAZ no cole.  Como todos os anos soltamos cada aula un globo decorado con mensaxes de paz. Tamén cantamos  e bailamos unha versión da canción de Jerusalema. Xa veredes que ben nos saíu. Como novidade este ano, colgamos unha pomba a entrada de cada clase. E tamén redecoramos un recuncho do cole como Recuncho da Paz. Alí iremos para solucionar problemas e sobre todo tranquilizarnos.

Botádelle un ollo ás fotos.



mércores, 23 de decembro de 2020

BADALADAS A GOLPE DE CAZOLA

 Pois si, tivemos a festa de Noitevella no cole. E celebrámolo por todo o alto. Viñemos vestidos coas nosas mellores galas e a golpe de cazola e unha culler puxémonos a comer lacasitos e gusanitos. Hai que decir, que estas badaladas eran máis lentas do normal para poder saborear os lacasitos. Para rematala festa, cantamos unha panxoliña de Mama Cabra "Estación Nadal". Aquí tendes proba de todo:

martes, 22 de decembro de 2020

Feliz 2021

 Aquí vos deixamos estas bonitas fotos para desexarvos boas festas e un feliz 2021.






Visita de Papanoel











NON VAS PODER CON NÓS

 Aquí vos deixamos este bonito vídeo que realizamos para este Nadal. Para dar forza e enerxía a xente que o necesite. Fixémolo con moita ilusión e agarimo. Esperamos que vos guste. Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal e moi feliz 2021.


luns, 21 de decembro de 2020

Talleres de Nadal

 O día de hoxe foi moi productivo. Ademais da carreira tamén nos dou tempo a realizar talleres de Nadal, nos que fixemos manualidades, vimos algunha peli e ata fixemos karaoke. Aquí vos deixamos os resultados.



CARREIRA SOLIDARIA

 Aquí vos deixamos fotos da carreira solidaria para colaborar con Save the Children, que tivo lugar hoxe.

Xa podemos decir que o total recaudado é de: 1.000 €

Moitas gracias a todos !!



mércores, 25 de novembro de 2020

25 de Novembro contra a violencia de xénero

 Hoxe foi un día diferente. No cole hoxe repartimos chapas co noso lema, repartimos uns cadernos dos Bolechas sobre a igualdade que nos ofreceu o Concello, vimos os vídeos onde as familias poideron participar para dar o seu apoio a este día e plantamos unha árbore que vai ser o noso símbolo cada 25 de novembro. Un arce xaponés que vai ser o noso punto de referencia cada 25N, para conmemorar a todas as mulleres que loitaron e seguen loitando pola igualdade e por erradicar a violencia de xénero. Non foi un día calquera, foi o 25 de novembro. Que todos os días sexan 25 de novembro. 

Fai clic na imaxe para ver máis fotos.

"Que non mo neguen" Tanxugueiras 25N

 Aquí vos deixamos a canción que cantamos este ano, das Tanxugueiras "Que non mo neguen". O alumnado máis a profe Catuxa, alzaron a voz contra a violencia de xénero!

POR TI, POR MIN, POR NÓS

 Con moita ilusión vos ensinamos este vídeo tan bonito que poidemos facer grazas a todas as familias que quixeron colaborar con esta iniciativa. Moitas grazas por participar e por facelo tan ben. Aquí poñemos o noso grao de area para loitar contra a violencia de xénero. Xuntos podemos!!!! Xuntos somos máis fortes!! Contra a violencia de xénero alcemos a voz!!!

martes, 10 de novembro de 2020

BANDAS DESEÑADAS SAMAÍN

Bandas deseñadas realizadas polo alumnado de infantil e primaria na celebración de samaín.



martes, 3 de novembro de 2020

Canción do Samaín

 Aquí vos deixamos a canción que interpretou o alumnado sobre o Samaín. Canción de Uxía Lambona e a Banda Molona. Mirade que ritmo!!!

domingo, 1 de novembro de 2020

SAMAÍN E MAGOSTO

 Aquí vos deixamos fotos do día do Samaín e o Magosto. Disfrutamos moito cos talleres que fixemos nas aulas e tamén comendo castañas, que estaban boísimas!!! Facede clic na imaxe.