Que días tan especiais e bonitos estamos tendo. Este luns estivemos facendo talleres de Nadal nas diferentes aulas. Pasámolo xenial facendo manualidades e vendo pelis de Nadal. Facede clic e vede as fotos!!
bibliobembibre@gmail.com
martes, 21 de decembro de 2021
sábado, 18 de decembro de 2021
Buzón real
luns, 13 de decembro de 2021
CARREIRA SOLIDARIA
Hoxe poidemos celebrar a carreira solidaria contra a leucemia infantil.
Como vos comentamos, este ano colaboramos coa fundación Unoentrecienmil para a investigación da leucemia infantil.
Aquí vos deixamos fotos e un pequeno vídeo de como se desenvolveu. Moitas grazas a todos por participar!! Pronto vos diremos a cantidade que poderemos aportar a esta causa.
#unoentrecienmil #vueltaalcolexlaleucemia
Chegou o Nadal
O noso cole xa está preparado para recibir e festexar o Nadal e finalizar este 2021 tan atípico caracterizado polas medidas anticovid.
Todos nós, desexamos que o 2022 veña cargado de normalidade e moita saúde para todos.
Por iso, decoramos o centro cheo de ilusións, vendo nos máis cativos grandes sorrisos e miradas cheas de esperanza.
Deixamos unha pequena mostra do Cpi de Bembibre cheo de brilli-brilli!!!
mércores, 1 de decembro de 2021
Carreira solidaria
venres, 26 de novembro de 2021
25N para a eliminación da violencia contra as mulleres
Hoxe tocou alzar a voz e poñer o noso gran de area para acabar coa violencia contra as mulleres. Dende o CPI de Bembibre realizamos unhas pancartas para visibilizar a nosa protesta contra esta lacra. Tamén o alumnado de 6º da man da nosa sempre profe Lucinda, realizaron unha obra de teatro con situacións da vida cotiá nas que se vive a violencia cara as mulleres.
Aquí tendes unha mostra do día.
mércores, 17 de novembro de 2021
Saída ao Museo de HIstoria Natural
Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela. Nela aprendemos os cinco reinos, paseamos pola fraga, coñecemos unha morea de minerais que hai no mundo, entramos a unha caixa forte con diamantes, tamén adentrámonos nunha mina onde se extraen os minerais, vimos un esqueleto dun gorila, aprendemos un pouco máis das tartarugas, dos invertebrados mariños, dos cantís, e dos diferentes animais que hai por todos os continentes. Ata atopamos un cofre na mina e realizamos un escape room moi interesante. A verdade que foi unha visita moi interesante e completa.
Aquí tendes unha mostra deste día!
luns, 8 de novembro de 2021
Soños terroríficos
Despois de ler todos os soños terroríficos entregados no certame que se convocou para o Samaín, só podemos felicitarvos polo gran traballo realizado. E para iso, repartimos entre todos os participantes estas chapas diseñadas especialmente para esta ocasión. Moitas grazas a todos por participar!!!
sábado, 30 de outubro de 2021
SAMAÍN E MAGOSTO
Que ben o pasamos hoxe. Foi un día moi especial e diferente. Disfrutamos moito porque poidemos vir disfrazados ao cole. Ata os profes estaban disfrazados!!! Tamén decoramos o cole para a ocasión. O que máis nos gustou foi decorar as portas do cole.
Despois no recreo tamén celebramos o Magosto, comemos castañas a esgalla! Estaban boísimas! E para rematar o día fixemos un taller de Samaín nas nosas aulas!!!
Aquí vos deixamos mostra do día tan intenso que tivemos! Aproveitamos para desexarvos unha boa ponte e que descansedes moito. Vémonos pronto!!!
martes, 26 de outubro de 2021
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Aquí vos deixamos unha mostra do que disfrutamos deste día. Xa que temos a biblio en obras, quitamos os libros ao patio e puxémonos a ler cos raíños de sol. Que mellor maneira de conmemorar este día que lendo libros!!!
domingo, 24 de outubro de 2021
Día das bibliotecas
Hoxe, día 24 de outubto, día das bibliotecas, vos deixamos unha presentación que fixemos para conmemorar este día. Ademais das actividades que se realizarán no cole, con esta presentación podemos aprender e coñecer algunhas das bibliotecas máis importantes do mundo!!!
venres, 22 de outubro de 2021
Roteiro á fervenza do Rexedoiro
Ola a todos!!! Aquí vos deixamos as fotos do alumnado de 3º que hoxe fixo un roteiro polos arredores de Bembibre. En concreto, fixeron o roteiro cara a fervenza do Rexedoiro. Foi algo durilla pero dende logo, vendo as fotos, mereceu a pena. Na camiñata fomos coñecendo e observando diferentes plantas e árbores da contorna e tamén recalcamos a importancia de manter limpos os montes e coidalos.
Visita de Charo Pita
A semana pasada tivemos a visita da escritora Charo Pita para ensinarnos o seu libro "No país do vento". O alumnado de infantil puido disfrutar dun contacontos musicado da man desta gran escritora que nos contou as aventuras que lle pasaron no país do vento.
martes, 12 de outubro de 2021
Alumnado 2021/2022
venres, 24 de setembro de 2021
Benvidos ao curso 2021-2022
Benvidos a un novo curso, un curso tamén diferente porque nos segue acompañando o Covid e tamén porque estamos de obras no cole. Pero con todo isto, seguimos tendo moita ilusión e gañas de aprender e pasalo ben.
Este ano temos moitas caras novas no cole, moitos profes que chegaron a Bembibre para lles compartir as nosas experiencias, aprendizaxes, xogos,... En breve subiremos as fotos de todos os grupos.
Damos comezo a un novo curso cargado de ilusións, onde esperamos aprender e ensinarnos moito uns a outros, pero onde o obxectivo principal é ser cada curso un pouquiño mellor.






