bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 20 de setembro de 2016

100 anos do nacemento de ROALD DAHL

Fai 100 anos do nacemento de Roald Dahl, o autor de libros para mozos que cautivan a diversas xeracións.
Gran parte da vida de Roald Dahl podémola entresacar dos seus propios contos. Naceu na localidade galesa de Llandaff o 13 de setembro de 1916. Os seus pais, de orixe norueguesa, chamáronlle Roald en honra ao soado explorador Roald Amundsen, o primeiro home que chegou ao Polo sur.
A súa carreira como escritor desenvolveuse ao longo das décadas dos anos 50, 60 e 70. Da súa pluma xurdiron títulos como “James e o melocotón xigante”, “Matilda”, “Charlie e a fábrica de chocolate”, “Fantástico Sr. Fox”, “O meu gran xigante bonachón”, "Os Gremlins" , "Danny, o campión do mundo", "Que asco de bichos! O Crocodilo Enorme" ,"Contos en verso para nenos perversos" , entre outros. Relatos que, a miúdo, saltaron ás pantallas de cinema para delicia de grandes e de mozos.
A meirande parte dos seus libros pódelos atopar na biblio de Pistacho!!
O que non cre na maxia nunca a atopará?, adoitaba afirmar o escritor. E el, nas páxinas dos seus libros e contos publicados ao longo de case cinco décadas, deixou claro que non só a atopaba, senón que a regalaba a todo aquel que se penetraba no marabilloso mundo nado da súa imaxinación. As súas narracións están cheas de xiros divertidos e inesperados pero repletos de reflexións. Son fábulas que convidan a pensar; viaxes intemporales cuxo punto de partida sempre é o mundo da infancia. Quizá porque Roald Dahl nunca esqueceu do todo ao neno que un día foi.

mércores, 14 de setembro de 2016

PISTACHO está de volta!!!

Benvidos e benvidas ao curso 2016-2017!!!!
Pistacho e Pistachiña están de volta despois de pasar uns días moi emocionantes nos Xogos Olímpicos de Río!!! 
Teñen moitas cousas que contarnos e veñen con moitas ganas de facer que este curso sexa tan ou máis emocionante e divertido co anterior.
Entre todos estamos traballando para a biblioteca sexa o centro de moitas actividades de lectura, investigación, e sobre todo, acoller a toda a comunidade educativa nun espazo no que compartir e colaborar. 
 

martes, 21 de xuño de 2016

FESTA FINAL DE CURSO KARAOKE

RESUMO DO CURSO

Ata aquí o curso 2015-2016!! Un curso cheo de actividades e sobre todo bos momentos!!
PISTACHO davos as grazas a todos e todas por participar, tanto aos nenos, persoal docente e familias!! Sen vós nada desto podería realizarse!!

Neste video hai un anaquiño de todo o que foi este curso!!

PISTACHO E PISTACHIÑA DESÉXANVOS UN FELIZ VERÁN!!


sábado, 18 de xuño de 2016

GRADUACIÓN DE INFANTIL E 6º DE PRIMARIA

Este venres tivemos no auditorio a graduación dos peques de 5 anos de infantil coa súa profe Vicky e dos nenos e nenas de 6º de primaria coa súa profe Lucinda. Foi una mañá moi bonita e emotiva, na que non faltaran unha obra de teatro, bailes, presentación de fotos e algunhas bágoas!!
Tamén as profes tiveron un detalliño para agradecerlle todo o esforzo e dedicación durante estes anos!! Grazas Vicky e Lucinda por ensinarnos tanto e por reflexar no voso traballo a vocación que tedes por esta profesión!!!  Aos alumnos desexámoslle o mellor nesta nova etapa!!


mércores, 15 de xuño de 2016

VISITA DOS PEQUES DA GUARDERÍA

Hoxe tivemos a visita dos peques da guardería. Viñeron coñecer o seu futuro colexio.  E os nosos nenos e nenas ensináronlle moi ben as súas aulas, os seus xoguetes,... Gracias pola visita!!

venres, 10 de xuño de 2016

LIBRO VIAXEIRO

Que gañas tiñamos de ver xa rematado o libro viaxeiro deste ano. E dende logo, Pistacho foi o protagonista. Conta a viaxe que Pistacho realizou a Río para ver os Xogos Olímpicos!!!! E alí pasáronlle unha chea de cousas, pero tamén tivo tempo para coñecer a alguén moi especial!! o conto titúlase: "O LORO PISTACHO LÁNZASE Á AVENTURA"

Teatriño na guardería

Onte e hoxe fomos a guardería de Bembibre a representar algunhas das obras fixemos no teatriño.  Os peques portáronse xenial e parece que lles gustou moito. Mirade as fotos!!!

venres, 3 de xuño de 2016

FESTA CON KARAOKE!!

Para festexar todo o feito este curso dende a biblioteca, a Pistacho ocorreuselle facer un Karaoke na biblio, porque está convencido que neste cole hai moitos nenos e nenas artistas!!! E cre que o de cantar se lles da moi ben!!
Non o pensedes máis, anotádevos para poder participar!!!!
 

ENTREGA DE PREMIOS TEATRIÑO

Hoxe clausuramos o concurso de monicreques coa merecida entrega de premios aos participantes!! Foi moi difícil para o xurado a elección das mellores porque todos e todas o fixeron moi ben!! Temos uns grandes artistas no CPI de bembibre!!  NORABOA!!!!


xoves, 2 de xuño de 2016

mércores, 1 de xuño de 2016

ROMEO E XULIETA 4º

Noelia, Giovana, Sandra, Analía e Manuel  de 4º, representáronnos a obra chamada "ROMEO E XULIETA"


O ASNO PERDIDO 3ºB

Julia, Gabriel, Lidia e Iván de 3ºB contarónnos a historia titulada " O ASNO PERDIDO"

martes, 31 de maio de 2016

A PATRULLA CANINA SALVA A CHICALETA 3ºA

Yago Montesinos, Yago Brandariz, Iker, Iria, Gabriel e Roberto de 3ºA representaron a obra titulada "A PATRULLA CANINA SALVA A CHICALETA"