bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO

Hoxe foi un día moi divertido no cole, aínda que tamén un pouquiño terrorífico! 👻 Chegamos entusiasmad@s por amosarlle os nosos disfraces ao resto do cole (xa levabamos semanas agardando e preparando todo pero hoxe, por fin, era o día)!

Despois do recreo, degustamos unhas riquísimas castañas. Que boas estaban, pero estabamos moi preocupad@s por se atopabamos algún vermiño!!🐛

Para finalizar o día realizamos uns obradoiros de Samaín e sacamos fotos a esgalla, aquí vos deixamos boa mostra! 








mércores, 26 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro conmemórase o días das bibliotecas escolares. Aquí vos deixamos enlace á presentación do curso pasado coa que podedes recordar as orixes desta celebración. https://recunchodepistacho.blogspot.com/2021/10/dia-das-bibliotecas.html

Este curso, coa biblio funcionando a pleno rendemento, pareceunos que era o lugar ideal para levar a cabo as accións pensadas para celebrar o seu día. Así que os nos@s compis máis maiores prepararon unha dramatización coa que pasamos un anaco ben divertido. Aquí vos deixamos unha mostra: 





E tamén sacamos moitas fotos!!  


Pero a celebración deste día comezou moito antes, pois trouxemos o noso conto/libro favorito para ensinarlle ao resto da clase e coas fotos de tod@s nós, elaboramos un mural ben bonito. 




venres, 21 de outubro de 2022

Coidado coidado, xa están aquí!

Booo!!  👻

Avecíñanse días terroríficos no CPI de Bembibre!  👾 

 Os monstros do Samaín están chegando e xa deixaron a súa pegada na biblio de Pistacho 😱

Mirade mirade...👀



xoves, 29 de setembro de 2022

ALUMNADO 2022/2023

Un ano máis, aquí vos deixamos as fotos de todos os grupos do cole! Con moitas ganas deste novo curso no que seguiremos aprendendo e compartindo momentos xunt@s! Comezamos!!!





luns, 12 de setembro de 2022

BENVID@S AO CURSO 2022-2023

Benvid@s a un novo curso escolar! Este ano volvemos pouco a pouco á normalidade. Que gusto dá volver a vernos as caras!

Este ano poderemos desfrutar da nosa renovada biblio dende o mes de outubro, xa falta pouquiño! Tamén temos moitas caras novas no cole así que estades atent@s porque en breves subiremos as fotiños dos nosos grupos.

Como cada ano, comezamos con moita ilusión por aprender cousas novas, facer novas amizades e seguir crecendo como persoas.






domingo, 26 de xuño de 2022

Fin de curso

 E ata aquí un curso cheo de aventuras e aprendizaxes, de ilusións e proezas. 

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa por poñer o seu gran de area para que outro curso máis fora especial.

Aquí vos deixamos coas fotos e algún vídeo da festa fin de curso e as graduacións de infantil e 6º EP.

Moi bo verán a tod@s!!!


luns, 20 de xuño de 2022

Excursión as Fragas do Eume

 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da excursión que realizou o alumnado de 4º, 5º e 6º as Fragas do Eume. 


Excursións 2022

 Aquí vos deixamos o enlace a google fotos das excursións deste curso 2021/2022. Iremos actualizando segundo se vaian realizando as excursións!!



xoves, 16 de xuño de 2022

Clube de lectura en 1º

 O alumnado de 1º de primaria elaborou este vídeo como mostra da súa actividade no clube de lectura "Os piratas tortos". Estiveron traballando "Daniela Pirata" de Susana Iserm & Gómez, un libro moi recomendable para traballar a igualdade e a coeducación.

mércores, 15 de xuño de 2022

ENTREVISTA A TOURIÑÁN

 O alumnado de 3º de pirmaria tivo a oportunidade de facerlle unha morea de preguntas a Xosé Antonio Touriñán, cómico, humorista e actor galego. 

Pasámolo moi ben con el e rímonos moito. Sobre todo cando nos puxemos a contar chistes!!

Grazas Touri!!!



venres, 13 de maio de 2022

TALLER DE BICHOS

 Na xornada de onte e hoxe poidemos aprender, tocar e sentir a unha morea de bichos, sobre todo insectos, que nos trouxeron ao cole. Foi un taller moi emocionante e divertido, xa que non todos os días podemos coller na man unha tarántula ou un insecto folla. Botádelle un ollo as fotos!!!



PATIOS DINÁMICOS

Unha iniciativa que nace da colaboración de Atención Temperá e o profesorado de Ed. Infantil do C.P.I. de Bembibre. Destinado ao alumnado de 3 a 6 anos.

Pretende utilizar os recursos da contorna. Explorar, coñecer, xogar con distintos materiais reutilizados e ao alcance de todos e todas.

PODCAST LETRAS GALEGAS FLORENCIO DELGADO

Aquí vos deixamos o Podcast realizado para dar a coñecer o homenaxeado nestas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado. Un podcast moi entretido e interesante. Cheo de curiosidades, moi boa música, algunha entrevistas,... Ten un pouquiño de todo feito polos nenos e nenas!!! Esperamos que vos guste!!

 

mércores, 11 de maio de 2022

2º edicion do xornal O Picoto

Cantas ganas tiñamos de que saíra do forno unha nova edición do xornal O Picoto. Esta nova edición está chea de novidades, imaxinación, aventuras, entrevistas,  cultura, arte, receitas,.... Vamos que xa estades tardando en lelo e mirar todo o que alí trae. 

A impresión desta nova edición coincide coa conmemoración do día das Letras Galegas.




Documental "Outros camiños" con Rubén Riós

 Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º viron o documental de Afundación "Outros camiños". Este documental, no que fan parte do camiño de Santiago, para valorar e comprender a diversidade funcional ou dis-capacidade (distintas capacidades). Logo interactuaron en directo co director e actor Rubén Riós. 

Se queredes ver este documental cheo de aprendizaxe, sorrisos, apertas e bágoas onde os líderes dese camiñar, catro persoas con paralise cerebral, guiarán o resto do pelotón na aprendizaxe da relación das persoas coa diferencia humana, só tendes que clicar no seguinte enlace:

https://player.vimeo.com/video/644436863?h=cdc4d2c383

Un proxecto soportado polo espirito de superación, o esforzo e a recompensa que iso leva parello en todos os ámbitos da vida.