No noso centro xa está dispoñible unha nova edición de O Picoto, o xornal escolar elaborado polo alumnado. Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, presentamos un número cheo de novas, receitas, reportaxes, pasatempos e creacións feitas polos nenos e nenas do cole.
Ao longo destas páxinas, o alumnado convértese en xornalista, redactor e ilustrador, compartindo experiencias, actividades do centro e temas de actualidade desde a súa propia mirada. Este proxecto non só fomenta a creatividade e a expresión escrita, senón tamén o traballo en equipo e o uso da lingua galega como vehículo de comunicación e cultura.
Queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta edición, así como ao profesorado que colaborou na súa elaboración.
Animámosvos a ler O Picoto e a desfrutar deste traballo feito con ilusión e moito esforzo.

