bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 6 de novembro de 2017

ANO DE PONDAL

En 1965 adicóuselle o Día das Letras Galegas e este ano 2017 foi declarado o Ano de Eduardo Pondal, cen anos despois da súa morte.

O poeta Eduardo Pondal naceu en Ponteceso, nunha casa á beira do río Anllóns, no ano 1835. Era o máis novo de sete irmáns, cinco mulleres e dous homes. Ao morrer súa nai cando el tiña un ano, criárono as súas cinco irmás.
Cando empeza a escola un parente cura ensínalle matemáticas, gramática e un pouco de grego e latín.
Vai estudar o Bacharelato a Santiago de Compostela onde despois fai a carreira de Medicina. Alí xúntase no “Liceo de la Juventud” con escritores como Rosalía de Castro, Manuel Murguía e Aurelio Aguirre. Ó acabar Medicina, traballou de médico durante tres anos. Despois deixouno para adicarse só a escribir.
Entre as súas obras destacan: “A campana de Anllóns”, “O Dolmen de Dombate” e “Queixumes dos pinos”, que inclúe o poema “Os pinos” de onde sairá a letra do “Himno galego”, musicado por Pascual Veiga. En 2005, foi publicada a súa obra “Os Eoas”, anos despois del morrer.
Foi membro numerario da Real Academia Galega e  membro honorario da Academia de la Poesía Española.
Morreu na Coruña o 8 de marzo de 1917. Alí está enterrado no cemiterio de San Amaro.


Aquí vos deixamos o HIMNO GALEGO, letra do poema "Os pinos" escrito en 1890 e musicado por Pascual Veiga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario