bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 13 de novembro de 2017

INTEGRA E INTÉGRATE

Os nenos e nenas de 1º de primaria, cóntannos en primeira persoa que traballaron estas semanas cos seus profes Diego e Adrián.

Os alumnos/as de 1º de primaria levamos a cabo un proxecto chamado "Integra e Intégrate" relacionado coa Inclusión e a Integración de tódolos/as nenos/as dentro das aulas. Aprendemos palabras novas que decidimos incorporar tanto á nosa linguaxe cotiá como aos debuxos que fomos realizando nas sesións de traballo posteriores.

 Traballamos estes conceptos: 1º por medio do visionado de dúas curtametraxes dentro da aula, como foron "El cazo de Lorenzo" e "Pixar Birds". Por medio destas dúas curtametraxes fomos adquirindo unha nova idea dos termos Integrar e Incluir, chegando á conclusión de que o mellor para todos é convivir aceptando aos noso compañeiros/as, coas súas virtudes e os seus defectos.
 Tamén realizamos unha serie de debuxos tentando relacionar os termos que fomos aprendendo xunto coas sinais de tráfico que tan acostumados estamos a ver. Agora somos quén de distinguir o significado de cada sinal, e ademais disto decidimos relacionar o significado da propia sinal coas palabras e termos que viñemos traballando dentro da aula, como por exemplo: prohibido excluír, obligación de integrar... .
 Decidimos colocar as nosas obras no corredor, diante da nosa aula para que os demais compañeiros/as poidan velos e aprender con nós, pois agora somos todos/as un expertos/as en termos tan importantes como a Integración e a Inclusión escolar.
 Como alumnos/as de primeiro dámosche un consello: Integra e intégrate, non deixes a niguén fóra!

Ningún comentario:

Publicar un comentario