bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 25 de novembro de 2024

25 N no colexio

 Hoxe conmemoramos este día lendo un manifesto, cantando unha canción e colgando a pancarta do lema e os debuxos. Tan ben o fixeron que aquí vos deixamos o vídeo da canción de Malfalada: “Nais e avoas”. Tamén damos as grazas a Marco e Sara por ilustrar tan ben este día coa seus debuxos!!

Enlace ao vídeo



sábado, 23 de novembro de 2024

Simulacro de incendios

 Deixámosvos algunhas fotos do simulacro de incendios que se fixo no cole este venres. Foi toda unha aventura e fixémolo moi ben!! Grazas aos bombeiros de Santa Comba e a Protección Civil de Val do Dubra por deixarnos subir aos seus camións e ter tanta paciencia con nós.



venres, 15 de novembro de 2024

Carreira solidaria

 Hoxe realizamos a carreira solidaria a favor dos afectados pola dana en Valencia. Ademais de pasalo moi ben, recaudamos moito diñeiro que vai directo para Valencia!! Grazas a todas as familias por colaborar!!



martes, 12 de novembro de 2024

FOTOS DE GRUPO

 Ainda que este ano nos custou  un pouco máis, aquí están as fotos de grupo do alumnado do curso 2024/2025.













luns, 4 de novembro de 2024

Samaín e magosto 2024

 Aquí vos deixamos unha selección de fotos do que foi o mércores 30 no cole. Pasámolo en grande pasando polo túnel terrorífico e música que nos dou un pouquiño de medo. Pero valeu a pena sobre todo para lucir os disfraces tan xeniais que traian os nosos pequenos e pequenas. Despois ao longo da mañá estivemos facendo talleres por todas as aulas: taller de pócemas máxicas, pulseiras terroríficas, curtas de medo, contacontos, ... Foi moi ameno e divertido.

Ás últimas horas adicámolas a celebrar o magosto co seu asado de castañas. Este ano eran grandísimas e estaban moi moi ricas!!  Grazas a Miguel, Carmita e Varela por facelas!!!