bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

martes, 27 de maio de 2025

Saimos na Voz de Galicia

 Despois da gran ruada das Letras Galegas que tivemos o outro día aquí no cole con Nieves e Manuela, dúas pandereteiras e cantareiras de aquí de Val do Dubra e máis o grupo Regueifa onde os nosos nenos e nenas tocan e bailan, non podía faltar que esta festa fora contada nun xornal para toda a comunidade. Aquí estamos, bailando, cantando e disfrutando da nosa cultura e a nosa xente!!

Noticia da Voz d e Galicia do 27 de maio de 2025

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/val-do-dubra/2025/05/27/span-langglcantaba-cun-feixe-herba-na-cabezaspan/0003_202505S27C6991.htm



venres, 23 de maio de 2025

VÍDEO DRON 50 ANIVERSARIO

 Seguimos tramando cousiñas para festexar os 50 anos do colexio. E non se nos ocorreu mellor maneira que pintar de branco o noso patio. Pero pintalo de unha forma especial. Con todas as nosas camisetas brancas. 

Entre todos fixemos, cos nosos corpos, unhas datas que representan moito para nós: 1975-2025.

Mirade que impresionante quedou!!!

luns, 19 de maio de 2025

Letras Galegas 2025

 Este ano as letras galegas son moi especiais, porque nos tocan de cerca xa que se adican as cantareiras e pandereitas que levan toda a súa vida espallando o galego. Dándolle a importancia que ten a poesía popular oral que acompañou a nosa sociedade dende sempre.

Aquí en Val do Dubra, nos tamén temos moitas cantareiras e pandereteiras. E como non, fixemos unha ruada con elas. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Manola de Parente e Nieves de Oreira e co noso alumnado do grupo Regueifa tocando a pandeireta e bailando. Fixérono tan ben que lle agradecemos de corazón que nos fixeran pasar unha xornada tan especial!



venres, 16 de maio de 2025

5º EDICIÓN XORNAL O PICOTO

Coincidindo co día das nosas Letras Galegas, temos o pracer de ensinarvos o noso xornal deste curso, O PICOTO. Unha quinta edición chea de novidades, noticias, información,... Que non vos podedes perder, xa que o fixemos con moito esforzo e dedicación!

Pronto o alumnado irá rotando e levando un exemplar en papel para ler coa familia.

Día da familia

 Onte 15 de maio, festexamos o día da familia. E para iso estivemos creando un detalliño para levarlle a esas persoas que son tan importantes para nós. Algúns detalliños foron de comer e outros foron manualidades. Aquí vos deixamos un resumo de todo o que fixemos. As rosquillas se vos gustaron, tendes aquí a receita. 

Feliz día de todas as familias!!





martes, 13 de maio de 2025

O gran libro de receitas dos nosos maiores

 Libro elaborado coa colaboración das familias para recompilar receitas dos nosos avós e avoas para coñecer que se comía nos anos 70, na época na que o noso cole, abriu as súas portas. Actividade que se realizou para relacionala co aniversario dos 50 anos do colexio e para darlle voz aos nosos maiores, tan importantes nas nosas vidas.

Aquí vos deixamos o libro de receitas! Quen se anima a facer algunha??

xoves, 8 de maio de 2025

50 aniversario do cole

 Ao longo deste curso e do vindeiro, cúmprense 50 anos do noso cole. Durante o curso estivemos realizando diferentes actividades relacionadas con este aniversario. Entre elas entrevistas, entroido de debuxos animados dos anos 70, receitas dos nosos avós e avoas, ... E máis cousiñas que nos quedan por facer e que vos iremos ensinando. 

Nesta entrada iremos colgando todo. Se ides ao icono da dereita do blogue onde pon 50 anos xa vos levará directamente.

Enlace á entrevista de Carmita

Enlace á entrevista de Varela

Enlace á entrevista de Manuel Baleato (antigo director)

Enlace á entrevista de Lucinda (antiga mestra)

Enlace á entrevista de Víctor, tío de José e exalumno 

Enlace á entrevista de Ana Abelenda (mestra do cole)

Enlace á entrevista de Diego Luis Díaz (alcalde de Val do Dubra)

venres, 2 de maio de 2025

SE BUSCAN VALIENTES

 Hoxe día 2 de maio, día contra o acoso escolar, ensinámosvos unha actividade moi chula que estivemos realizando estas semanas atrás. Quixemos cantar esta canción todos xuntos para demostrar ao mundo que somos todos iguais e todos importantes. Buscamos valentes que apoien e defendan ao débil!!!

E con esas frases gritámolo con todas as nosas forzas!! NON AO ACOSO ESCOLAR. 

Fixémolo con moito agarimo asi que esperemos que vos guste!!!