bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

xoves, 26 de xaneiro de 2017

NOTICIARIO DE PAZ 6º

Os nosos corresponsais en Bembibre están informando en directo sobre a PAZ. Damos paso  aos rapaces e rapazas de 6º. 
Sigue a nosa canle RADIO TV BEMBIBRE! Estamos onde está a noticia! 


mércores, 25 de xaneiro de 2017

Canción Paz 2017

Se queres ir practicando a canción que eleximos este ano para cantar o día 30 de xaneiro, pincha aquí!!

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Receitas viaxeiras!!

Na clase de segundo temos moi bos cociñeiros.  Grazas ás cualidades culinarias de Leo e da súa familia e coa axuda dun libro de cociña da mochila viaxeira, trouxéronnos a proba deste riquísimo biscoito de chocolate con lacasitos!!!!
Tamén o luns Pablo de infantil de 4 anos tróuxonos outro biscoito feito en familia e sacado tamén dun libro da mochila viaxeira!! Deste non temos fotos pero si sabemos que estaba riquísimo!!!




venres, 13 de xaneiro de 2017

Campionato Campo a través

O xoves 12 de xaneiro o noso alumnado participou no campionato escolar Campo a través que se celebrou no concello de A Baña. Aquí tedes unha pequena mostra do que aconteceu.
Felicidades a todos, en especial aos clasificados!!!!



TERCEIRO POSTO  ALEVÍN MASCULINO: LUCAS ALVARELLOS

SEGUNDO POSTO ALEVÍN FEMININO: IRIA CALVIÑO

SEGUNDO POSTO INFANTIL MASCULINO: JOAQUÍN GORIS


SEGUNDO POSTO CADETE FEMININO: MARÍA CASTRO






venres, 23 de decembro de 2016

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

Gracias a todos os que colaborastes nesta causa. Entre alumnado, familias e profesorado recaudamos 671,70 €.

mércores, 21 de decembro de 2016

POSTAIS GAÑADORAS

Felicidades a todas e todos os participantes desta nova edición do concurso de postais de NADAL!!! Foi moi difícil a elección e cremos que todos deberíades gañar, por iso tedes un diploma polo voso esforzo e participación!! As postais que o xurado seleccionou pola súa orixinalidade, creatividade  e polos materiais de reciclaxe usados, son as seguintes:











domingo, 18 de decembro de 2016

Felicitación de Nadal!!!

Dende o CPI de Bembibre e gracias a participación de todo o alumnado, profesorado e persoal non docente creamos este  mannequin challenge, na que quedamos inmóviles e conxelados como se o mundo se parase. Desta maneira tan curiosa queremos desexarvos FELIZ NADAL 2016!!!



POSTAIS 2016

Cada ano súbese o nivel!!! Sodes uns e unhas artistas!!! O día do festival anunciaremos os gañadores. Dende logo Pistacho e o xurado non o teñen nada fácil!!!

martes, 13 de decembro de 2016

XIII Quilómetros de solidariedade

Un ano máis participamos na carreira solidadaria de SAVE THE CHILDREN!! Participando na carreira escolar estás a axudar a que milleiros de cativas e cativos teñan acceso á auga potable, a unha alimentación axeitada e a unha educación! co teu esforzo poderemos axudar a milleiros de cativos. Se o tempo non nolo impide será o xoves pola tarde.

****DEBIDO AS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS A CARREIRA APRAZARASE ATA O  VINDEIRO LUNS POLA TARDE. Pedimos que todo o alumnado veña con roupa cómoda e de deporte.




Cancións de cuna

As cancións de cuna pasaron de xeración en xeración para tranquilizar aos bebés. Escoitar a voz dos pais, avós, irmáns.... reforza o vínculo familiar co bebé.
Dende a biblioteca do CPI de Bembibre queremos recuperar esas nanas que nos cantastes cando eramos pequeniños. 
E aquí temos esa recopilación que nos fostes enviando!! Moitas gracias a todos e todas por participar!!!

f



luns, 12 de decembro de 2016

Concurso de postais de Nadal!!


Xa chegou o Nadal!!!

Pistacho está todo contento, porque chegou o Nadal á biblio!! Nela atoparedes moitos libros que nos contarán bonitas historias sobre o Nadal e o inverno. Tamén vos mostramos as primeiras postais que nos chegaron das casas!!!

mércores, 7 de decembro de 2016

Radio TV Bembibre

Temos o pracer de presentarvos a nova Radio TV Bembibre. Unha nova andaina que imos a realizar para informarvos de diferentes acontecementos que ocorren no CPI de Bembibre. Na Radio TV Bembibre terá cabida tanto entrevistas, charlas, acontecementos varios, recomendacións,...
E para inaugurar este novo medio de comunicación, vamos a mostrarvos a primeira entrevista que lle realizamos a Paco Nogueiras, músico e actor que veu a visitarnos esta semana.

Gracias por seguirnos!!!

luns, 5 de decembro de 2016

Visita de Paco Nogueiras

Hoxe a biblio de Pistacho tivo unha visita moi especial!! Con moito agarimo recibimos ao músico e actor PACO NOGUEIRAS!! 

Paco Nogueiras vén de publicar o seu primeiro traballo discográfico titulado “Brinca Vai!”, editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd.“Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.
Paco Nogueiras (Santiago de Compostela, 1970) é o compositor e intérprete das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!". Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusio-nista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actuali-dade forma parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES, do grupo Os Modernos e do coro da Escola Estudio de Música de Santiago. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Colaborou en dous discos con Ophiusa.