bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos Kalandraka. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos Kalandraka. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de decembro de 2016

Visita de Paco Nogueiras

Hoxe a biblio de Pistacho tivo unha visita moi especial!! Con moito agarimo recibimos ao músico e actor PACO NOGUEIRAS!! 

Paco Nogueiras vén de publicar o seu primeiro traballo discográfico titulado “Brinca Vai!”, editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd.“Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.
Paco Nogueiras (Santiago de Compostela, 1970) é o compositor e intérprete das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!". Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusio-nista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actuali-dade forma parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES, do grupo Os Modernos e do coro da Escola Estudio de Música de Santiago. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Colaborou en dous discos con Ophiusa.





xoves, 19 de maio de 2016

CONTACONTOS KALANDRAKA

Álex e Patricia viñeron hoxe a coñecer a Pistacho e a biblioteca de Bembibre. Nela contaron co acompañamento dos instrumentos que moi ben toca Álex. Un dos contos que máis nos gustou foi "A que sabe a lúa". Mirade as fotos!!