bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 31 de maio de 2021

Camiñata a Ermida de San Xoán e Santa Margarida

  • Aquí vos deixamos mostra do que foron estas camiñatas a Ermida de San Xoán e Santa Margarida. Aprendemos moito nesta visita grazas ao mestre Varela. Coñecemos a cova dos mouros, a fonte milagrosa que hai ao lado da ermida, a escombreira e a función dos seus respiradeiros,... e tamén a  plaga da avispilla que está acabando cos castiñeiros da zona. Alí tivemos tempo para merendar e tamén para xogar. 



venres, 21 de maio de 2021

Obra de teatro "Vida de Xela Arias"

 E como colofón final, o alumnado de Infantil 5 anos, 3ºA, 3º B e 4º, realizou esta pequena obra de teatro, contando un pouquiño  a vida e obra de Xela Arias.  Temos que agradecer  a nosa sempre mestra e compañeira de teatro, Lucinda, por colaborar con nós.

Quixemos facela en varias partes: Xela nena, Xela en Xerais, Contos ao teléfono de Gianni Rodari e Xela editora. Esperemos que vos guste.

Obradoiro das Letras Galegas

 Na xornada de onte tivemos o pracer de desfrutar dun taller impartido por Andrea Barreira Freije. Andrea naceu na Fonsagrada en 1986, é graduada en xornalismo pola USC e especialista en Ed. Medioambiental, social e internacional. En 2015 publicou "Non hai luz sen escuridade", unha novela de xénero fantástico para público xuvenil. Outros das súas obras son:" Contos do Sacauntos", "Lendas de Gallaecia", "Tebras na alma" ou "Contos de verán". 

Actualmente imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos. Ademais da obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia enteira e forma parte da plataforma de crítica literario feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras. 

O taller que veu impartir ao alumnado de 4º de EP, chámase: "Cada día, a familia". Un obradoiro de poesía, para dar a coñecer e dinamizar a figura de Xela Arias.





sábado, 15 de maio de 2021

Letras Galegas Xela Arias

Este venres no cole conmemoramos o día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a escritora Xela Arias. 

Durante esta semana estivemos realizando unhas camisetas moi chulas e orixinais. Plasmámoslle a palabra máis bonita do galego. Quedaron moi vistosas!!!

Tamén lemos uns poemas de Xela, do seu libro "Darío a diario" que escribiu para o seu fillo.  Para finalizar escoitamos e bailamos un pouco para festexar este día. 

Este vídeo resume moi ben este día. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

martes, 11 de maio de 2021

Wonder

 O alumnado de 4º de EP, fixo unha actividade para traballar o 2 de maio, día contra o acoso escolar. Despois de ver a peli de Wonder, fixémonos pasar polo protagonista da película e gravamos este vídeo. 

" Se te miran, deixa que te miren. Non podes pasar desapercibido. Naceches para destacar."

domingo, 2 de maio de 2021

Día contra o ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio, celébrase o día internacional contra o acoso escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying nos nenos/as, así como de buscar mecanismos para evitar este mal, que hoxe, se convertiu nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil,. 

.No noso cole queremos dar visibilidade  a este tema e por iso fixemos este vídeo. 

Búscanse valentes!!! A forza dos valentes está no corazón!!! E ti, de que lado estás???


venres, 23 de abril de 2021

23 de Abril- Día do libro

 Hoxe, 23 de abril é o día do libro. Contan que se conmemora ese día para fomentar a lectura. E coincide coa morte de escritores moi importantes como Shakespeare e Cervantes.

Nós, no cole, para celebrar este día sempre facíamos o Apadriñamento lector. Pero este ano polo Covid, decidimos que a lectura sexa a distancia. Os maiores graváronse lendo un conto, que llo proxectarán nas aulas. 

Tamén decoramos o cole con flores primaverales con recomendacións de lecturas que nos gustan moito.

Aí vos deixamos as lecturas dos contos!!!

domingo, 18 de abril de 2021

Buscando o tesouro

 Este venres os nenos e nenas de 3ºB tiveron unha búsqueda do tesouro pola biblio. Pistacho e a súa profe, agocháronlle diferentes pistas para así comprobar que sabían como funcionaba a biblio e como están organizados os libros. Fixérono tan ben que pronto conseguiron o tesouro!! Mirade algunha foto!




martes, 23 de marzo de 2021

Vídeo completo Os Bolechas no cole

 Aquí vos deixamos todo o que preparamos para o programa da TVG2 "Os Bolechas no cole". Tiñamos moito material que lles enviamos pero parece que non dou tempo a emitir todo. Así que, en exclusiva, podedes ver o programa ao completo!!! 

Os Bolechas no cole

Que gañas tiñamos de vernos na tele. E por fin chegou o día. O alumnado de 4º de primaria gravou un capítulo para o programa “Os Bolechas no cole” falando sobre o teatriño e o monicreques. Ainda que nos recortaron moito e non saímos todos no vídeo, estamos moi contentos de facer esta actividade. Aquí vos deixamos o programa.



mércores, 17 de marzo de 2021

XORNAL "O PICOTO"

Tiñamos moitas gañas de facer un xornal e aquí o temos. Rescatamos o nome do xornal escolar que se facía fai moitos anos aquí no cole e gracias ao traballo de todos os nenos e nenas e os seus profes coas súas noticias temos un xornal moi actual e cunha chea de temas. Aquí vos deixamos a nosa Edición 1. Gracias a todos que o fixestes posible.



martes, 9 de marzo de 2021

8M

Onte tamén tivemos un concerto ao aire libre, da man dos Faíscas da Pontraga. Foi xenial poder disfrutar de música galega en directo, con instrumentos como a gaita ou o acordeón. Deixámosvos unhas fotos. E tamén vos adiantamos que xa temos a placa conmemorativa do 25de Novembro, ao lado da árbore que plantamos.




luns, 8 de marzo de 2021

8M- Día da muller

 Hoxe 8 de Marzo, día da muller, conmemoramos este día colgando o debuxo gañador do concurso de lemas para o 8M. Fixemos unha gran pancarta que colgamos na entrada do colexio. A continuación, con todos os vosos lemas, os que enviastedes para participar no concurso, fixemos un mural nas escaleiras. Mirade que vistoso quedou.



O alumnado de 4º fixo un traballo sobre mulleres que cambiaron o conto. Botádelle un ollo:

venres, 5 de marzo de 2021

8M- Camiñando cara a igualdade

 Aquí vos deixamos os debuxos participantes no concurso de debuxos e lema para o 8M deste curso. O debuxo elexido será impreso nunha gran pancarta para colgar no cole e así facer visible que estamos traballando para conseguir a igualdade. "Camiñando cara a igualdade" foi o lema elexido este ano. Moitas gracias a todas as familias por participar!!



mércores, 24 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA- 24 DE FEBREIRO 2021

 Aquí vos deixamos todas as actividades que realizamos este día. Entre elas un marcapáxinas, un scape room sobre a súa vida ou un audiolibro. Deixámosvos o enlace ao xogo de Rosalía:

https://view.genial.ly/6016977d22eaac0d7191f9a4/game-descubrindo-a-rosalia-de-castro