bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta XELA ARIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XELA ARIAS. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de maio de 2021

Obra de teatro "Vida de Xela Arias"

 E como colofón final, o alumnado de Infantil 5 anos, 3ºA, 3º B e 4º, realizou esta pequena obra de teatro, contando un pouquiño  a vida e obra de Xela Arias.  Temos que agradecer  a nosa sempre mestra e compañeira de teatro, Lucinda, por colaborar con nós.

Quixemos facela en varias partes: Xela nena, Xela en Xerais, Contos ao teléfono de Gianni Rodari e Xela editora. Esperemos que vos guste.

Obradoiro das Letras Galegas

 Na xornada de onte tivemos o pracer de desfrutar dun taller impartido por Andrea Barreira Freije. Andrea naceu na Fonsagrada en 1986, é graduada en xornalismo pola USC e especialista en Ed. Medioambiental, social e internacional. En 2015 publicou "Non hai luz sen escuridade", unha novela de xénero fantástico para público xuvenil. Outros das súas obras son:" Contos do Sacauntos", "Lendas de Gallaecia", "Tebras na alma" ou "Contos de verán". 

Actualmente imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos. Ademais da obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia enteira e forma parte da plataforma de crítica literario feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras. 

O taller que veu impartir ao alumnado de 4º de EP, chámase: "Cada día, a familia". Un obradoiro de poesía, para dar a coñecer e dinamizar a figura de Xela Arias.





sábado, 15 de maio de 2021

Letras Galegas Xela Arias

Este venres no cole conmemoramos o día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a escritora Xela Arias. 

Durante esta semana estivemos realizando unhas camisetas moi chulas e orixinais. Plasmámoslle a palabra máis bonita do galego. Quedaron moi vistosas!!!

Tamén lemos uns poemas de Xela, do seu libro "Darío a diario" que escribiu para o seu fillo.  Para finalizar escoitamos e bailamos un pouco para festexar este día. 

Este vídeo resume moi ben este día. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021