bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

venres, 11 de novembro de 2016

Nanas


 As cancións de cuna pasaron de xeración en xeración para tranquilizar aos bebés. Escoitar a voz dos pais, avós, irmáns.... reforza o vínculo familiar co bebé.
Dende a biblioteca do CPI de Bembibre queremos recuperar esas nanas que nos cantastes cando eramos pequeniños. Por iso animámosvos a que nos cantedes unha nana. 
Gravádea en calquer soporte informático e traédenola (voz ou video) en CD, PENDRIVE... ou enviádenola ao correo bibliobembibre@gmail.com para que todos e todas poidamos disfrutar dela. Tamén, se é posible acompañade a gravación coa letra escrita. Con todas poderemos facer un libriño para que perduren no tempo.
Todas as nanas que recollamos aparecerán no blogue da nosa biblioteca onde podedes informarvos de moitas das actividades dos nenos e nenas do cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario