bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

sábado, 14 de outubro de 2017

Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao andar

E como queremos facer camiño, esta vez tocou saír da biblio de Pistacho e do cole e deixar as nosas pegadas como peregrinos no Camiño francés cara Santiago de Compostela. 
Sen volver a vista atrás, conseguimos deixar Sarria e chegar a Portomarín! Con pedras e po no camiño, con moitas costas e baixadas, coa suor na fronte pero con moitas gañas de crecer e facer camiño. 
Foi unha experiencia moi boa na que disfrutamos da natureza e das marabillosas paisaxes que nos brinda Galicia. Veunos xenial porque este ano imos a realizar un  proxecto a nivel de centro chamado "Remexendo conciencias" no que imos ver as diferentes paisaxes e como coidalas. E neste tramo do  camiño vimos as paisaxes tan bonitas que ten Galicia e tamén apreciamos a escaseza de auga que ten o solo.
Sen lugar a dúbidas, unha experiencia única!  BO CAMIÑO!




Ningún comentario:

Publicar un comentario