bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 19 de febreiro de 2018

TALLER DE GALLETAS

Este pasado venres no cole fixemos un taller de cociña co alumnado de 5º e 6º de primaria. Aproveitamos o Día do amor e da amizade para facer unhas galletas en forma de corazón. Aprendemos os ingredientes que leva, como engadilos, como separar a xema da clara, como amasar coas mans e co rolo!!! Foi unha experiencia diferente, que nunca viviramos antes no cole. Estivemos moi atentos ás indicacións e despois puxémonos mans á masa. E o resultado foi tan bo que lles gustou a todo o cole. 
Probade a receita na casa porque as galletiñas están moi boas e a receita é ben sinxela!!
Dar as grazas ás cociñeiras por facilitarnos os utensilios necesarios e axudarnos cos fornos!!!


Pincha para ver as imaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario