bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com

luns, 28 de maio de 2018

5º ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO

Quinta e derradeira etapa do Camiño de Santiago. Saímos dende Pedrouzo con destino Santiago de Compostela. O día non puido estar mellor para camiñar, sen choiva e algo anubrado. 
Levamos moi bo ritmo e sobre as 16.00 h. puxemos o pé na Praza do Obradoiro. 
Foi unha experiencia moi enriquecedora e emocionante. Facer o Camiño todos xuntos, serviunos para animarnos uns aos outros e para darnos conta que cun pouco de esforzo e sacrificio podemos conseguir o que nos propoñamos. Foron 100 km cheos de vivencias e momentos inesquecibles. Vivimos Galicia e sentímola grazas as súas paisaxes e camiños cheos de beleza. 
Grazas a todos e a todas por formar parte deste camiño. E grazas aos voluntarios de Protección Civil por estar aí e axudarnos tanto!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario