bibliobembibre@gmail.com

bibliobembibre@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

Premiada pola RAG


Temos o pracer de comunicarvos que a vosa compañeira Triana, de 5º de primaria, foi premiada pola Real Academia Galega no III Concurso de microrrelatos ao que se presentaron máis de 750 persoas. Triana gañou o premio con "O neno princesa", un relato de 200 palabras sobre o respecto á diversidade e que vos deixamos a continuación para que poidades lelo. Podedes acceder á web da Real Academia Galega e ver a noticia da resolución do concurso pinchando aquí.
Aquí vos deixamos o seu relato:
En hora boa Triana! Un premio ben merecido!
E animámosvos a todos e todas a participar na seguinte edición!

mércores, 9 de outubro de 2019

Premiados polo día das Letras Galegas

Temos o pracer de comunicarvos esta noticia que saiu no Correo Galego. O alumnado do Cpi de Bembibre foi premiado pola Real Academia Galega.
O curso pasado o alumnado de 6º de primaria realizou unha obra de teatro grazas a súa mestra Lucinda. Esta obra de teatro sobre a vida de Antón Fraguas, estreouse o día das Letras galegas. E foi gañadora  entre máis de 80 colexios do concurso ""Contádenos o voso día das Letras Galegas". O vindeiro 15 de outubro, terán que ir a recoller o premio que lle otorga a Real Academia Galega.

Noraboa aos actores e actrices e sobre todo á artífice de todo isto, a mestre Lucinda!!!
Se clicades na imaxe, accederedes a toda a noticia.


luns, 25 de xuño de 2018

2º PREMIO "RECÍCLATE CON SOGAMA"

Estamos moi contentos, xa que nos comunicaron que o CPI de Bembibre foi galardoado co 2º premio de Galicia no programa do Plan Proxecta "RECÍCLATE CON SOGAMA". Dar as grazas a toda a comunidade educativa por participar e colaborar neste proxecto "REMEXENDO CONCIENCIAS". Xa estabamos moi contentos de todo o que se conseguiu, tanto na concienciación do alumnado polo coidado do medio ambiente, como en todas as novas prácticas realizadas no cole para a reciclaxe!!! Estamos moi orgullosos deste premio!! Seguiremos traballando para que todo o conseguido siga funcionando nos vindeiros cursos!!!
Enlaces coas notas de prensa: 
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpibembibre/node/663 

http://www.sogama.gal/gl/noticia/o-colexio-divina-pastora-de-ourense-ga%C3%B1ador-do-programa-rec%C3%ADclate-con-sogama-2017-2018

 http://galiciahoxe.com/area-de-compostela/ecg/premios-olalla-linares-cpi-dubres-bembibre/idEdicion-2018-06-22/idNoticia-1122575/


martes, 31 de outubro de 2017

HALLOWEEN BY SHELVY

Hoxe a nosa auxiliar de conversa de Illinois, SHELVY,  fíxonos unha presentación sobre o Halloween.

E despois fixemos a entrega de premios. Para o xurado foi unha labor moi ardua.  Quixemos darlle premios a todos os nenos e nenas porque realmente fixeron obras de arte!! Darvos as grazas as familias por participar sempre que se volo pide!!