Os nenos e nenas de Bembibre traballaron moito este trimestre coa mestra Celia en inglés.
En educación infantil, estivemos a traballar nomes de diferentes obxectos e lugares, repasamos cores e números, os saúdos... Pero o que máis nos gustou foi aprender cancións e xogos! Aquí temos a nosa canción do Nadal, esperamos que vos guste!
1ºst Grade
Os nenos e nenas de primeiro traballamos con nenos de moitos países diferentes: Italia, Turquía, Grecia… A pesar de que non coñecemos as súas caras, si que coñecemos os seus avatares! Igual que eles coñecen os nosos!
Fomos os primeiros en comezar o noso traballo colaborativo! Comezamos cunha videochamada, na que nos presentamos un a un, dicindo o noso nome e a nosa idade. Logo, escoitamos os nomes dos nenos e nenas de Italia. Acordamos escribir unhas preguntas sobre as nosas vidas habituais e intercambialas! Preguntamos sobre a comida, sobre as materias da escola, pero tamén sobre as medidas de Covid, sobre o uso da máscara, a distancia interpersoal, como facían coas merendas… (todas as preguntas saíron dos propios nenos e nenas). Así o fixemos! Redactamos unha carta e, xunto con esas preguntas, engadimos fotos do patio e das clases!
Os nosos compañeiros e compañeiras son de Italia, e con eles intercambiamos varias videochamadas e cartas! Nelas preguntamos sobre o seu tipo de comida, e dixéronnos que, de onde eles viven, era moi común comer rás! A nós custounos un pouco pensalo… Nós contámoslles sobre o noso río, sobre as actividades que facíamos… Estamos desexando saber máis no próximo trimestre! Quizais non teñamos moitos traballos físicos que amosar en fotos, pero si que temos varias experiencias de contacto directo cos nenos e nenas de Italia, e esta é unha vantaxe da que non todos os cursos poden disfrutar!
Enviamos unha tarxeta de Nadal, que polo de agora, aínda non chegou nin nós recibimos a nosa...Por último, creamos para eles o seguinte vídeo de Nadal.
3rd grade
Nós formamos un grupo de tres! Colaboramos cuns nenos e nenas “veciños” (Valdepeñas de la Sierra) que van a un cole no que só hai seis nenos e nenas!!! E tamén cunha escola de Romanía que conta con 25 nenos e nenas só na aula de 3º! Unha boa mestura! Realizamos unha primeira videoconferencia, na que nos presentamos un a un, dicindo os nosos nomes e idade (practicamos moito para que nos saíse moi ben!), aínda que nos custou un pouco coñecer os nomes dos nenos e nenas de Romanía, gustounos a actividade.
Tras esta primeira reunión decidimos que o primeiro que debíamos facer era presentarnos por escrito! E así foi:
A continuación, o máis importante era falar, como non, da nosa comida favorita! E é aquí onde a colaboración familiar foi fundamental! Tanto a mestra coma os nenos estamos moi agradecidos da vosa participación, gracias! Con esas imaxes creamos unha presentación, na que engadimos as nosas fotografías e de un a un fomos escribindo no pc da profe o que nos gustaba máis:
Recibimos e lemos o que nos enviaron ambos compañeiros! Incluso con algunha receita!
Por último para este trimestre foi a videoconferencia de Nadal! Foi moi especial, xa que, por un lado, cantamos en galego, para amosar a nosa lingua, e, polo outro, todos e todas cantamos á vez unha canción en inglés!
Para a nosa colaboración comezamos moi ben! Realizamos unhas presentacións de nós mesmos estupendas:
Foron uns traballos fabulosos! E contando con pouco tempo! Parabéns nenos e nenas!
Fomos afortunados, xa que as cartas chegaron a tempo, e docemente, abrimos as nosas postais, que contiñan un caramelo da República Checa! Seica temos que pedir máis…
Os nenos e nenas de 4º queremos agradecerlle ós titores a súa comprensión cara a actividade, xa que nos prestaron un par de horas para poder realizar o traballo en tempo, pero unha mención especial á profe Águeda, quen ademais colaborou moi activamente na creación das nosas tarxetas! Gracias!
Estes dous grupos, tan traballadores e tan ilusionados co proxecto, non foron demasiado afortunados… Que pasará para o seguinte trimestre? Esperemos que a nosa sorte mellore e poidamos facer máis cousas!
5TH GRADE
Fomos os que máis forte comezamos! Quixemos presentar o lugar de onde vivimos, amosamos Bembibre, Niveiro, Abelenda... Fixemos un traballo que quedou fabuloso! Gracias a todas as familias pola vosa colaboración! A cambio, recibimos unha presentación sobre a República Checa, e sobre o lugar de onde veñen os nenos e nenas cos que traballamos.
Todo isto levou moito traballo pola nosa parte e pola súa, e xa case non tivemos tempo a nada máis! Aínda que si que puidemos preparar tarxetas de Nadal! Unhas tarxetas fenomenais que encantaron ós nosos compañeiros e compañeiras da República Checa! A cambio nós tamén recibimos unha, con sorpresa incluída! A tarxeta que enviaron contiña un caramelo da República Checa, boísimo!
A nosa intención era poder realizar unha videochamada, pero, desafortunadamente, por motivos de saúde relacionados coa mestra de República Checa, tivemos que pospoñela ata o próximo trimestre! Pero non sabemos quedar quedos! Fixemos un vídeo que enviamos ós nosos compañeiros e compañeiras, no que cantamos unha panxoliña en inglés! Estou segura que lles encantou!
6th Grade
Ningún comentario:
Publicar un comentario